Saltar ao contido

Illas do estreito de Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIllas do estreito de Torres
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Parte deExtremo Norte de Queensland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaQueensland, Australia e Occidental, Papúa Nova Guinea Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°52′49″S 142°35′26″L / -9.88028, 142.59056
Bañado porEstreito de Torres Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Superficie566 km² Editar o valor en Wikidata

As Illas do estreito de Torres son un grupo de máis de cen illas situadas no Estreito de Torres, a franxa de auga que separa o Cabo Iork, en Queensland ( Australia) de Papúa Nova Guinea.

As illas forman parte do Estado de Queensland. Os habitantes indíxenas das mesmas, os Insulares do estreito de Torres son melanesios, próximos culturalmente aos pobos costeiros de Papúa, dunha orixe diferente ao dos pobos aborixes do resto de Australia.

O centro administrativo das illas é a Illa de Xoves (Thursday Island).

O capitán James Cook reclamou a soberanía británica da parte oriental de Australia en 1770.

Entre as Illas do estreito de Torres destacan:

  • Illa de Xoves Thursday Island (Waiben)
  • Illa do Corno
  • Illa do Príncipe de Gales
  • Banks
  • Mulgrave
  • Murray (Mer)

Segundo o censo australiano de 2001, a poboación do Estreito de Torres era de 8.089 habitantes, dos cales 6.214 eran de orixe aborixe ou do grupo étnico dos insulares do estreito de Torres.