Illimani
Tipo | montaña climbing area (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | América | |||
División administrativa | Provincia de Pedro Domingo Murillo, Bolivia e Provincia de Sud Yungas, Bolivia | |||
| ||||
Cordilleira | Cordillera Real (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 6.439 m | |||
Prominencia topográfica | 2.541 m | |||
O Illimani, con 6.438 metros sobre o nivel do mar, é unha montaña de Bolivia, situada preto da cidade de A Paz. É a maior altura da Cordilleira Real e a segunda de Bolivia (detrás do Sajama, que pertence á Cordilleira Occidental (Bolivia). Atópase situado na Provincia Pedro Domingo Murillo.
O Illimani é un enorme macizo de máis de 8 km de lonxitude e catro cumes que exceden os 6.000 msnm, estas discorren de noroeste a sueste, e delas é o último nevado da Cordilleira Real de norte a sur; polo norte o cordón comeza co Nevado Illampu e termina polo sur co Illimani (suroeste).
Dende enriba, no cume, domínase o altiplano, o lago Titicaca, até o Perú, o Sajama até Chile e os vales baixando cara á Amazonia.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Existe consenso sobre a orixe prehispánico do nome Illimani, pero coñécense diversas interpretacións e denominacións paralelas coas que se designaba esta montaña. Os poboadores aimarás que habitaban a cidade chamábano Illemana, por onde nace o sol; outros o denominaban Jilir - Mamani ou o fillo máis vello.
O cumio da esquerda coñecíase como Khunu Urucuncu, oso de neve; á cima central, Chapa Punku ou porta de espuma, e á da dereita Khunu Chaubiri, miradoiro de neve.