Ilusionismo
O ilusionismo é unha arte escénica, tamén chamada maxia ou prestidixitación. Consiste en, por distintos medios (suxestión etc) crear a ilusión de que algo imposible está acontecendo. Adoitan ser aparicións, desaparicións, transformacións, unións, lecturas da mente, e diversos fenómenos que rompen as leis da física e da lóxica, desafiando a explicación racional.
O ilusionista
[editar | editar a fonte]Un ilusionista, prestidixitador ou mago é a persoa que realiza xogos de maxia, creando ilusións nun ou máis dos sentidos (visual, auditivo etc.) e a mente, facendo parecer realidade o imposible.
Os artificios do ilusionismo existiron dende o principio dos tempos, utilizándoo, por exemplo, os xamáns para demostraren a súa condición de feiticeiros. Porén, a profesión de ilusionista ganou prestixio durante o século XVIII, e foi pasando por diversas modas ata converterse nunha das formas máis populares de entretemento.
O ilusionismo moderno débelle unha gran parte das súas orixes a Jean Eugène Robert-Houdin (1805-1871), de profesión reloxeiro, que abriu un teatro de maxia en París na década de 1840.
O célebre mago e/ou escapista do século XIX (e posiblemente de todos os tempos) Harry Houdini (1874-1926), tomou o seu nome profesional de Harry Keller e do susodito Robert-Houdin, e desenvolveu unha serie de ilusións de maxia escénicas, baseadas moitas delas na arte do escape.
A finais do século XX, o ilusionismo volvou ter certo auxe da man de Doug Henning primeiro, e David Copperfield despois, a través dos especiais televisivos, espectáculos en Broadway, e xiras mundiais.
Tipos de ilusionismos
[editar | editar a fonte]Adóitase clasificar o ilusionismo segundo diferentes conceptos.
En función da distancia en relación ao número de espectadores, número deles, e situación da presentación:
- Maxia de preto: efectos feitos a curta distancia, a menos dunha ducia de espectadores (algúns magos utilizan pantallas xigantes para representalos perante un teatro enteiro). Empréganse case sempre naipes, moedas, e outros obxectos cotiáns e de pouco tamaño. Tamén chamada close up. A nivel mundial podemos nomear, entre os máis recoñecidos polos seus colegas, a Dai Vernon, Martin Nash, Eugene Burger, e máis a René Lavand.
- Maxia e salón: xogos de maxia visibles para un grupo que poden ir desde unhas quince a cen persoas. Entre outros elementos, empréganse sogas, panos, aros, e diversos accesorios de tamaño medio. É a que acostuman a empregar os magos en festas e eventos.
- Maxia de escena: lévase a cabo sobre un escenario, maiormente nun teatro. Nela desenvólvese as grandes ilusións, e as manipulacións. No século XX sobresaíron Cardini, Fred Kaps e Channing Pollock, entre outros.
- Maxia da rúa: realízase na rúa. Ten moitos séculos de historia, e o seu máximo expoñente moderno é Jeff Sheridan, que actuaba na década de 1970 no Central Park de Nova York.
- Maxia óptica: ilusións ópticas, fan ver o imposíbel (aparecer cores, movementos e dobre ou máis sentidos dalgún obxecto). Sempre se empregan fotos ou debuxos, onde a lóxica non ten sentido.
En función dos obxectos empregados:
- Numismaxia: maxia con moedas.
- Cartomaxia: maxia con naipes.
- Maxia con animais: aparición, desaparición ou transformación de pombas, coellos e outros animais.
- Grandes ilusiones: maxia na que persoas son cortadas, desaparecidas, encerradas en sitios estreitos, voan etc.
En función dos tipos de efectos:
Basicamente existen Principios empregados na maxia:
- Produción: facer aparecer algo do nada.
- Desaparición: esvaecer algo ou a un mesmo.
- Transformación: transformar algo noutra cousa, non necesariamente o obxecto, tamén pode ser a cor, a forma etc.
- Restauración: restaurar algo roto ou danado.
- Teletransportación: transportar algo dun lugar a outro, dunha forma imposible.
- Levitación: suspender algo no aire simulando ausencia de gravidade.
- Penetración: atravesar un obxecto con outro e que se restaure dunha forma imposible.