Iminoácido
En química, un iminoácido é unha molécula que contén á vez un grupo funcional imino (>C=NH) e un grupo carboxilo (-C(=O)-OH).[1]
Os iminoácidos están relacionados cos aminoácidos, os cales conteñen un grupo amino (-NH2) e un grupo carboxilo (-COOH). Os iminoácidos e os aminoácidos difiren nos enlaces que ten o nitróxeno.
Os encimas aminoácido oxidases poden converter os aminoácidos en iminoácidos. Ademais, o precursor biosintético directo do aminoácido prolina é o iminoácido (S)-Δ1-pirrolina-5-carboxilato (P5C).
Terminoloxía relacionada
[editar | editar a fonte]Os aminoácidos que conteñen un grupo amina secundaria (o único aminoácido proteinoxénico deste tipo é a prolina) son ás veces denominados iminoácidos,[2][3] pero este uso é disputado por outros, xa que a prolina carece do grupo >C=NH que a IUPAC considera característico dos iminoácidos[1].
O termo iminoácido é tamén un termo obsoleto no significado de ácidos imídicos, os cales conteñen o grupo -C(=NH)-OH, e non debería usarse con este significado segundo a IUPAC.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 IUPAC, Compendium of Chemical Terminology, 2nd ed. (the "Gold Book") (1997). Online corrected version: (2006–) "Imino acids".
- ↑ Proline at the US National Library of Medicine Medical Subject Headings (MeSH) Proline
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2008. Consultado o 01 de xuño de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- MeshName - imino+acids [1]