Imitación (música)
Aparencia
| |||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
En música, a imitación é a repetición posterior dun patrón musical nunha forma diferente, pero mantendo o seu carácter orixinal. Un canon é unha forma baseada na imitación.
En contrapunto, dáse unha imitación normalmente pola segunda voz, usualmente nunha altura diferente. Cando unha frase repite exactamente o mesmo que apareceu antes, chámase imitación estrita.
A escritura imitativa está presente na maioría das composicións polifónicas do Renacemento e o Barroco.
Na música pop unha forma máis estereotipada de imitación consiste no coro de fondo que repite as últimas notas do cantante principal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bruce Benward; Marilyn Saker (Maio 2008). Music in theory and practice. p. 300. ISBN 978-0-07-310188-0.