Saltar ao contido

Imperivm: Great Battles of Rome

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Imperivm: Great Battles of Rome
Desenvolvedor(es)Haemimont Games
Distribuidora(s)FX Interactive
LanzamentoItalia: 10 de maio de 2005
España: 10 de maio de 2005
XéneroEstratexia en tempo real
Modos de xogoUn xogador
ClasificaciónPEGI :
Plataforma(s)Windows
Formato(s)CD-ROM
RequisitosPentium III 600. 128 MB memoria RAM. Tarxeta gráfica 2 MB. Monitor resolución 1024x768. 1Gb libre no HDD
SerieImperivm
Na rede
https://web.archive.org/web/20141116022447/http://haemimontgames.com/imperivmgbr/
editar datos en Wikidata ]

Imperivm: Great Battles of Rome (comercializado en España como Imperivm III: Las grandes batallas de Roma é un videoxogo da serie Imperivm para PC, producido por FX Interactive, baseado en feitos históricos ocorridos en Europa e o Norte de África. O xogador pode revivir acontecementos como as campañas de Marco Aurelio en Xermania, a conquista de Exipto e Britania, a batalla de Alesia ou a batalla de Zama. Ademais, o xogador pode poñerse ó mando dos exércitos de sete importantes civilizacións antigas: Romanos, exipcios, xermanos, britanos, iberos, galos e cartaxinenses. A estas civilizacións engádenselle grandes personaxes como Xulio César, Cleopatra, Marco Aurelio, Aníbal, Vercinxetórix, Arminius...

Iberos[editar | editar a fonte]

As unidades dos iberos son: Miliciano, arqueiro, fondeiro balear, defensor, xinete ibero, garda de elite, guerrilleiro e sacerdotisa.

Cartago[editar | editar a fonte]

As unidades dos cartaxineses son: Infante númida, lanceiro libio, loitador mauritano, guerreiro con maza, tuareg, nobre, elefante de guerra e xamán.

Galos[editar | editar a fonte]

As unidades dos galos son: Guerreiro, arqueiro, guerreiro con hacha, lanceiro, xinete, guerreira, guerreiro de Fand e druída.

República Romana[editar | editar a fonte]

As unidades da república romana son: Lexionario, arqueiro, gladiador, princep, equite, tribuno, carro de guerra, sacerdote de Xúpiter.

Imperio Romano[editar | editar a fonte]

Na Roma Imperial tódalas únidades son iguais ás da república romana agás algúns poucos cambios.

  • Os tribunos cambian polos pretorianos.
  • Os carros de guerra cambian polos liberatus.
  • Os gladiadores cambian polos velites.

Xermanos[editar | editar a fonte]

As unidades xermanas son: Loitador xermano, arqueira, guerreiro con hacha, cazadora, xinete teutón, guerreiro con maza e valquiria.

Exipto[editar | editar a fonte]

As unidades exipcios son: Loitador exipcio, arqueiro, lanzador de hachas, guerreiro de Anubis, guerreiro de Horus, gardián do Nilo, carro de Osiris e sumosacerdote.

Britanos[editar | editar a fonte]

As unidades britanas son: Guerreiro britano, arqueiro britano, lanceiro britano, loitador caledonio, lanzador de xavelinas, highlander e xefe normando.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]