Imposta
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/25/Iglesia_de_San_Pedro_de_la_Nave_%282677862856%29.jpg/200px-Iglesia_de_San_Pedro_de_la_Nave_%282677862856%29.jpg)
Imposta o saínte prismático ou ringleira de perpiaños a modo de capitel rudimentario que se sobresae dun muro e sobre o que apea un arco ou unha bóveda.[1] Na arquitectura clásica, a imposta é á xamba como o capitel á columna.
Tamén se denomina imposta a faixa saínte no paramento exterior dun edificio que indica a división dos pisos. Pode recibir os nomes de imposta corrida, corón ou cincho.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ González González, M. (dir.): Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega. Consultado o 28 de outubro de 2022