Incendio de Fandicosta
Data | 9 de maio de 2016 |
---|---|
Lugar: | Domaio (Moaña) Galicia |
Causa | Curtocircuíto[1] |
Vítimas | 0 |
Ver: Fandicosta |
O incendio de Fandicosta tivo lugar o 9 de maio de 2016 na parroquia de Domaio (Moaña), nas instalacións da factoría pesqueira da empresa Fandicosta. O lume iniciouse pouco antes das 17:50 h, cando se produciu o aviso ao servizo de emerxencias 112.[2] No momento do incendio, atopábanse na fábrica 120 persoas, que foron desaloxadas ilesas. Ás 12 da noite, os bombeiros deron por controlado o incendio.[2]
Repercusións
[editar | editar a fonte]O fume desprendido polo incendio obrigou a pechar ao tráfico a autoestrada AP-9, e numerosos vehículos ficaron atrapados na ponte de Rande. Os gases resultantes da combustión, de gran toxicidade, chegaron até o concello veciño de Redondela, no que o servizo de Protección Civil aconsellou manterse nos domicilios e pechar as fiestras.
O presidente da empresa, Ángel Martínez, cuantificou as perdas como millonarias. As lapas calcinaron aproximadamente o 50 % das instalacións, queimando unha planta de elaboración, a zona de oficinas e tres plantas frigoríficas.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fandicosta "garante" o emprego do persoal tras o incendio que arrasou a súa factoría en Moaña", artigo en Praza Pública, 10 de maio de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 G. Saas, Fran. Faro de Vigo, ed. "Incendio en Fandicosta.". Consultado o 10 de maio de 2016.