Saltar ao contido

Incomuniación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na Galiza e Portugal altomedievais, a incomuniación era un pacto polo que un home libre transmitía a outro a propiedade de parte ou a totalidade das súas terras e recibía a cambio protección, defensa e beneficios. Nun principio tivo carácter limitado, mais acabou vinculando a perpetuidade.

Existiron institucións parecidas no reino asturleonés (comenda, defensione) e en Castela (behetría).