Indución
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
O termo indución ten diversos significados segundo a área do coñecemento humano.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]- Indución embrionaria ou indución embriolóxica, é o termo que designa, en embrioloxía, o proceso no cal a presenza dun tecido inflúe no desenvolvemento doutros, durante o proceso ontoxenético.
- Indución en bioloxía molecular e xenética é a activación da expresión xénica por medio dunha molécula chamada indutor.
Filosofía e método científico
[editar | editar a fonte]- A indución, é un tipo de razoamento en que a verdade das premisas apoia á verdade da conclusión, pero non a garante.
- Tamén pode considerarse a indución como a inferencia conxectural que conclúe, da regularidade de certos feitos, a existencia doutros feitos ligados aos primeiros na experiencia anterior.
- Francis Bacon afirma que, na indución, o científico debe observar e describir feitos empíricos, organizalos e transpoñelos nunha linguaxe matemática. A partir diso, pásase das sensacións particulares aos axiomas máis xerais e descobre axiomas intermedios, dándose pouca énfase á elaboración de hipóteses.
Física
[editar | editar a fonte]O termo indución en física posúe varias connotacións:
- Indución de campo, termo que designa a magnitude fundamental do campo magnético. É unha magnitude de carácter vectorial, polo que depende tanto do seu valor numérico como da dirección e sentido da máxima variación do campo.
- Indución eletromagnética é o termo que designa a xeración dunha forza eletromotriz nun circuíto eléctrico pola acción dun campo magnético variábel.
- Indución electrostática é o nome que se lle dá ao establecemento dunha distribución particular de cargas eléctricas nun corpo electricamente neutro, por influencia doutras cargas próximas a el.
- Indución magnética é o termo que designa a forza magnética exercida sobre un corpo por unidade de carga eléctrica e de velocidade. Tamén pode ser a designación das unidades utilizadas para medir a indución magnética deu campo magnético uniforme e invariábel. (As máis importantes son o tesla (T) e o gauss (G).
Física aplicada
[editar | editar a fonte]- Unha cociña de indución é un tipo de cociña eléctrica vitrocerámica que quenta directamente o recipiente.
Medicina
[editar | editar a fonte]- En obstetricia denomínase indución do parto a cada un dos procedementos que serven para desencadear o parto.
Matemática
[editar | editar a fonte]- A indución matemática é o razoamento, ou método de demostración, segundo o cal se estende unha propiedade a todos os termos dun conxunto. É o método por excelencia do razoamento matemático, lóxico.
- Unha indución transfinita é unha extensión da indución matemática para (grandes) conxuntos ben ordenados.
- Unha indución forte é unha variante da indución matemática.