Industrias Pesqueras
Aparencia
Industrias Pesqueras | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Vigo |
Lingua | lingua castelá |
Circulación | |
ISSN | 0212-7202 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Industrias Pesqueras é unha revista editada en Vigo dende 1927, unha das máis antigas do sector a nivel mundial.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada por José Barreras Massó, comezou a publicarse o 15 de abril de 1927, baixo a dirección de Fernando de Miguel Rodríguez e, posteriormente, Valentín Paz-Andrade.[1] Na sección de conservas, e despois na dirección, traballou Francisco Fernández del Riego.[2] Contou desde os primeiros números con colaboradores gráficos como Castelao ou Maside. Alfonso Paz-Andrade foi tamén, durante unha época, o seu director.
Ten unha tirada de máis de 5.000 exemplares. No ano 2002 conmemorouse o seu 75 aniversario cunha exposición no Museo do Mar de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "En 1940 ingresé en la redacción de la revista Industrias Pesqueras, dirigida por Valentín Paz Andrade" Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine., F. del Riego.
- ↑ "...adquirí la información y la formación suficiente para encargarme en Industrias Pesqueras de la sección de conservas... Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine.", F. del Riego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Industrias Pesqueras". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Industrias Pesqueras". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.