Ingólfur Arnarson
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 844 ↔ 849 ![]() Rivedal, Noruega (en) ![]() ![]() |
Morte | 903 ↔ 910 ![]() Islândia, Islandia (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Islândia (pt) ![]() ![]() |
Ocupación | explorador, Goði (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Hallveig Fróðadóttir ![]() |
Fillos | Þorsteinn Ingólfsson ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
![]() |
Ingólfur Arnarson, nado en 849 e finado en 910 en Reiquiavik, considérase o primeiro colono nórdico de Islandia. Porén, non foi o primeiro escandinavo en visitar a illa, e vivir nela. O primeiro foi o viquingo sueco Gardar Svavarsson, quen permaneceu durante un inverno na que agora é a localidade de Húsavík.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 874, Ingólfur estableceu a súa residencia en Reiquiavik, o que supuxo o comezo da colonización da illa, a cal durou ata o ano 930. A lenda narra que ao achegarse a terra descoñecida, Ingólfur ordenou guinda-lo mastro principal da súa embarcación ao mar. A súa intención era establecer o asentamento alí onde fose parar o mastro. Dese xeito, naceu a actual capital da Islandia, Reiquiavik.