Inge Lehmann
Aparencia
Inge Lehmann, nada en Copenhague o 13 de maio de 1888 e finada ibídem o 21 de febreiro de 1993, foi unha sismóloga e xeofísica dinamarquesa. En 1936, descubriu que a Terra ten un núcleo interno sólido dentro dun núcleo externo fluído. Antes diso, os científicos crían que o núcleo da Terra era unha única esfera derretida. Porén, os sismólogos non eran quen de explicar as medidas das ondas sísmicas dos terremotos, que eran inconsistentes coa súa teoría. Lehmann analizou as medidas das ondas sísmicas, e chegou á conclusión de que a Terra tiña un núcleo sólido interno. Outros sismólogos puxeron a proba a súa teoría e aceptaron a explicación de Lehmann.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Royal Society: Past Fellows (ed.). "Lehmann; Inge (1888–1993)". Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2013.
- ↑ Bolt, Bruce A. (xaneiro de 1994). "Inge Lehmann". Physics Today 47 (1): 61. Bibcode:1994PhT....47a..61B. doi:10.1063/1.2808386.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cívico, Irene; Parra, Sergio (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo. Barcelona: Penguin Random House. pp. 88-91. ISBN 978-84-9043-882-4.