Inhibidor da aromatase
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/72/Testosterone_estradiol_conversion.png/350px-Testosterone_estradiol_conversion.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b9/Reaction-Androstendione-Estrone.png/350px-Reaction-Androstendione-Estrone.png)
Os inhibidores da aromatase (IA) son unha clase de medicamentos usados no tratamento de cancro de mama e cancro de ovario en mulleres posmenopáusicas. Os máis utilizados son letrozol e anastrozol.
Algúns cancros requiren estróxeno para medrar. A aromatase é unha enzima que sintetiza estróxenos. Os inhibidores de aromatase bloquean a síntese de estróxenos. Isto reduce os niveis de estróxeno, e frea o crecemento de cancros.
En mulleres premenopausicas, os estróxenos son producidos nos ovarios. Nas mulleres posmenopáusicas, os estróxenos son producidos nos tecidos adiposos e noutras partes do corpo. Os inhibidores de aromatase non poden deter ós ovarios de producir estróxenos, entón eles só poden bloquear a produción de estróxenos con eficacia en mulleres posmenopáusicas.