Saltar ao contido

Inmarsat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Inmarsat-2 F1»)
O Inmarsat 3.

Inmarsat é o nome dunha compañía británica de telecomunicacións orixinada na organización intergubernamental do mesmo nome e que pasou a denominarse International Mobile Satellite Organization. A privatización de Inmarsat tivo lugar en abril de 1999 e foi a primeira organización de satélites en ser privatizada. Comercializa os satélites de comunicacións en órbita xeoestacionaria do mesmo nome.[1]

Marisat 1, 2 e 3

[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Marisat foron os primeiros usados pola organización cando aínda era pública para ofertar servizos a buques nos océanos Atlántico, Pacífico e Índico. Usaban o bus HS-356 de Hughes Aircraft Company e todos foron lanzados en 1976 usando foguetes Delta 2914. Usaban a banda L, a banda C e a UHF para as súas comunicacións. Cada satélite tiña unha masa de 650 kg, forma cilíndrica e estabilización mediante xiro. A enerxía era proporcionada por 7000 células solares que recubrían a súa superficie, dando ata 330 W de potencia.[2][3][1]

MARECS A, B e B2

[editar | editar a fonte]

Os dous satélites MARECS (Maritime European Communications satellite) operativos, A e B2 (o B perdeuse durante o lanzamento) foron os seguintes satélites de Inmarsat. Usaban o busc ECS, tiñan unha masa de 1060 kg e estabilizábanse nos tres eixos. Os dous paneis solares proporcionaban 955 W de potencia, alimentando dúas baterías de níquel-cadmio para os períodos de eclipse. Usaban transpondedores nas bandas C e L para as comunicacións. Foron lanzados en 1981 e 1984 mediante foguetes Ariane 1 e Ariane 3.[4][1]

Inmarsat-2 F1, 2, 3, 4

[editar | editar a fonte]

Representan a segunda xeración de satélites Inmarsat. Lanzados entre 1990 e 1992 mediante foguetes Delta e Ariane, usaban o bus Eurostar 1000 e estabilizábanse nos tres eixos. Teñen unha masa de 1310 kg.[5][1]

Inmarsat-3 F1, 2, 3, 4 e 5

[editar | editar a fonte]

Os Inmarsat da serie 3 foron fabricados por Lockheed Martin usando o bus AS 4000, coa carga útil construída por Matra Marconi Space. Levan a bordo transpondedores en banda L e C e foron lanzados entre 1996 e 1998.[6][1]

Inmarsat-4 F1, 2, 3 e 4

[editar | editar a fonte]

Os Inmarsat 4 foron a cuarta xeración de satélites Inmarsat, construídos baixo o bus Eurostar 3000GM por Astrium. Teñen dez veces a capacidade da xeración anterior en canto a comunicacións e proporcionan servizos móbiles e de alta velocidade. Usan exclusivamente a banda L e foron lanzados entre 2005 e 2008.[7][1]

Inmarsat-4A F4 (Alphasat)

[editar | editar a fonte]

Inmarsat-4A F4, tamén chamado Alphasat, foi un satélite conxunto entre a ESA e Inmarsat usando o bus Alphabus para validalo comercialmente. O satélite usa un novo procesador de sinais e ten un reflector para a antena de 12 m de diámetro. Ten unha masa de 6649 kg, os paneis proporcionanlle 12 kW de potencia e ten unha vida esperada de 15 anos. Usa transpondedores exclusivamente en banda L e foi lanzado o 25 de xullo de 2013 mediante un foguete Ariane 5.[8][1]

Inmarsat-5 F1, 2, 3 e 4

[editar | editar a fonte]

Cada satélite Inmarsat-t leva a bordo 89 transpondedores en banda Ka. Usan o bus BSS 702HP de Boeing e teñen unha masa duns 6000 kg. Os paneis solares proporcionanlles ata 15 kW de potencia e usan un sistema de propulsión iónica para as súas manobras.[9][1]

Inmarsat-S-EAN (HellasSat 3)

[editar | editar a fonte]

Inmarsat-S-EAN é produto da alianza entre Inmarsat e HellasSat. Construído por Thales Alenia Space sobre o bus Spacebus 4000C4, ten unha masa de 5780 kg, un tempo esperado de vida de 15 anos e leva a bordo transpondedores en banda S, banda Ku e banda Ka. Foi lanzado o 28 de xuño de 2017 mediante un Ariane 5.[10][1]

Inmarsat-5 F5

[editar | editar a fonte]

O Inmarsat-5 F5, construído por Thales Alenia Space sobre o bus Spacebus 4000B2, ten unha masa de 4008 kg, 16 anos de esperanza de vida e 72 transpondedores en banda Ka. Os seus paneis solares proporciónanlle 6,8 kW de potencia e foi lanzado o 26 de novembro de 2019 mediante un Ariane 5.[11][1]

Inmarsat-6 F1 e F2

[editar | editar a fonte]

Inmarsat-6 F1 e F2 pertencen á sexta xeración de satélites Inmarsat e están pensados para aumentar os servizos sobre banda L e banda Ka. Foron construídos por Airbus Defence and Space usando o bus Eurostar-3000EOR. Teñen unha masa de 5470 kg, unha antena de 9 m de apertura para banda L, nove antenas multifeixe para banda Ka e dous paneis solares. O Inmarsat-6 F1 foi lanzado o 22 de decembro de 2021 mediante un foguete H-2A e o F2 foi lanzado o 18 de febreiro de 2023 mediante un Falcon 9.[12][1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12] Data de lanzamento[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12] Foguete lanzador[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12] Notas[1][2][4][5][6][7][8][9][10][11][12]
Marisat 1 19 de febreiro de 1976 Delta 2914 Éxito
Marisat 2 10 de xuño de 1976 Delta 2914 Éxito
Marisat 3 14 de outubro de 1976 Delta 2914 Éxito
MARECS A 20 de decembro de 1981 Ariane 1 Éxito
MARECS B 9 de setembro de 1982 Ariane 1 Fallo
MARECS B2 10 de novembro de 1984 Ariane 3 Éxito
Inmarsat-2 F1 30 de outubro de 1990 Delta 6925 Éxito
Inmarsat-2 F2 8 de marzo de 1991 Delta 6925 Éxito
Inmarsat-2 F3 16 de decembro de 1991 Ariane 4 Éxito
Inmarsat-2 F4 15 de abril de 1992 Ariane 4 Éxito
Inmarsat-3 F1 3 de abril de 1996 Atlas IIA Éxito
Inmarsat-3 F2 6 de setembro de 1996 Proton K Blok DM1 Éxito
Inmarsat-3 F3 18 de decembro de 1996 Atlas IIA Éxito
Inmarsat-3 F4 3 de xuño de 1997 Ariane 4 Éxito
Inmarsat-3 F5 4 de febreiro de 1998 Ariane 4 Éxito
Inmarsat-4 F1 11 de marzo de 2005 Atlas 5 Éxito
Inmarsat-4 F2 8 de novembro de 2005 Zenit 3SL Éxito
Inmarsat-4 F3 18 de agosto de 2008 Proton M Briz M Éxito
Inmarsat-4A F4 (Alphasat) 25 de xullo de 2013 Ariane 5 Éxito
Inmarsat-5 F1 8 de decembro de 2013 Proton M Briz M Éxito
Inmarsat-5 F2 1 de febreiro de 2015 Proton M Briz M Éxito
Inmarsat-5 F3 28 de agosto de 2015 Proton M Briz M Éxito
Inmarsat-5 F4 15 de maio de 2017 Falcon 9 Éxito
Inmarsat-S-EAN (HellasSat 3) 28 de xuño de 2017 Ariane 5 Éxito
Inmarsat-5 F5 26 de novembro de 2019 Ariane 5 Éxito
Inmarsat-6 F1 22 de decembro de 2021 H-2A Éxito
Inmarsat-6 F2 18 de febreiro de 2023 Falcon 9 Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 Mark Wade (2020). "Inmarsat" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Marisat 1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  3. Mark Wade (2020). "Marisat" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MARECS A, B, B2" (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Inmarsat-2 F1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Inmarsat-3 F1, 2, 3, 4, 5" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Inmarsat-4 F1, 2, 3" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Alphasat (Inmarsat-4A F4)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Inmarsat-5 F1, 2, 3, 4 (GX 1, 2, 3, 4)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "HellasSat 3 / Inmarsat-S-EAN (EuropaSat)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Inmarsat-5 F5 (GX 5)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2020. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Inmarsat-6 F1, 2 (GX 6A, 6B)" (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]