Inmunomodulación
Aparencia
A inmunomodulación é a modulación (axuste regulatorio) do sistema inmunitario.[1] As substancias que causan a inmunomodulación denomínanse inmunomoduladores.[2] Pode ser natural ou inducida polo ser humano, de modo que o termo pode referirse ao seguinte:
- Homeostase do sistema inmunitario, na cal o sistema inmunitario se autorregula para axustar as respostas inmunitarias a niveis adaptativos en vez de non adaptativos e prexudiciais (usando células T regulatorias e moléculas de sinalización celular entre outros elementos).[3][4]
- Inmunomodulación como parte da inmunoterapia, na cal as respostas inmunes se inducen, atenúan ou impiden de acordo cos obxectivos terapéuticos.[5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de inmunomodulación No NIH-National Cancer Institute.
- ↑ Merriam-Webster Dictionary Immunomodulation
- ↑ YOSHIE TANIGUCHI, NORIKO YOSHIOKA, KAZUE NAKATA, TAKASHI NISHIZAWA, HIROYUKI INAGAWA, CHIE KOHCHI e GEN-ICHIRO SOMA. Mechanism for Maintaining Homeostasis in the Immune System of the Intestine. Anticancer Research. Novembro de 2009, 29 (11) 4855-4860; [1]
- ↑ Immunitary system homeostasis Osaka University
- ↑ Definición de Inmunoterapia, Diccionario del Cáncer, INC
- ↑ Strzelec M, Detka J, Mieszczak P, Sobocińska MK, Majka M. Immunomodulation-a general review of the current state-of-the-art and new therapeutic strategies for targeting the immune system. Front Immunol. 9 de marzo de 2023;14:1127704. doi: 10.3389/fimmu.2023.1127704. PMID: 36969193; PMCID: PMC10033545.
- ↑ Shirazi, Sajjad; Ravindran, Sriram; Cooper, Lyndon F. (2022). "Topography-mediated immunomodulation in osseointegration; Ally or Enemy". Biomaterials (en inglés) 291: 121903. PMC 10148651. PMID 36410109. doi:10.1016/j.biomaterials.2022.121903.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Immunomodulation in osseointegration
- Immunomodulation Science direct