Inocencio Chincá
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1798 Tame, Colombia |
Morte | xullo de 1819 (20/21 anos) Tibasosa, Colombia |
Causa da morte | morte en combate |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Lealdade | Venezuela |
Rama militar | Cabalaría |
Rango militar | Sarxento |
José Inocencio Chincá, nado en Tame, Arauca, Colombia en 1798 e finado en Tibasosa, Boyacá, o 28 de xullo de 1819, foi un militar colombiano que combateu baixo as ordes de Simón Bolívar, durante a Campaña Libertadora de Nova Granada en 1819. Formou parte da carga de lanceiros durante a Batalla do Pantano de Vargas, na cal foi ferido de gravidade, falecendo 3 días despois.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Tame (actual departamento de Arauca) descendente dos indíxenas guahibos, en 1798. Como habitante das chairas orientais estivo familiarizado dende neno co manexo e a doma de cabalos, necesarios para mobilizarse no inverno e traballar nas facendas. A Escola Militar de Suboficiais do Exército Nacional, con sede no Forte Militar de Tolemaida, realizou unha homenaxe ao Sarxento Inocencio Chincá, o valente lanceiro cuxo nome dende 1969 posúe a alma mater dos suboficiais en Colombia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clublancita.mil.co. "Inocencio Chincá". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Colombia |