Saltar ao contido

Institute of Electrical and Electronics Engineers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Institute of Electrical and Electronics Engineers

Sede das oficinas da corporación IEEE no andar 17 do 3 Park Avenue na Cidade de Nova York .
TipoOrganización profesional
Fundación1 de xaneiro de 1963
Localización3 Park Avenue, 17th Floor, Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorThomas Alva Edison, Alexander Graham Bell, Franklin Leonard Pope
Persoas claveGordon Day
IndustriaElectricidade, electrónica, Telecomunicacións
ProdutosEstándares industriais
Beneficio330 millóns de dólares
Número de empregados425.000 membros
Na rede
https://www.ieee.org/
Facebook: IEEE.org Twitter: ieeeorg LinkedIn: ieee Youtube: UCeyBtBFEsycQNxCpvC5lzPA BNE: XX101789 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Institute of Electrical and Electronics Engineers (IEEE, Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos, tamén lido i e ao cubo) é unha asociación técnico-profesional mundial dedicada á estandarización, entre outras cousas. É a maior asociación internacional sen fins de lucro formada por profesionais das novas tecnoloxías, como enxeñeiros eléctricos, enxeñeiros en electrónica, científicos da computación e enxeñeiros en telecomunicación.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A súa creación remóntase ao ano 1884, contando entre os seus fundadores a personalidades do talle de Thomas Alva Edison, Alexander Graham Bell e Franklin Leonard Pope. En 1963 adoptou o nome de IEEE ao fusionarse asociacións como o American Institute of Electrical Engineers e o Institute of Radio Engineers.

A través dos seus membros, máis de 360.000 membros (dos cales son estudantes case 80.000) en 175 países, o IEEE é unha autoridade líder e de máximo prestixio nas áreas técnicas derivadas da eléctrica orixinal: desde enxeñería computacional, tecnoloxías biomédica e aeroespacial, ata as áreas de enerxía eléctrica, control, telecomunicacións e electrónica de consumo, entre outras.

Segundo o mesmo IEEE, o seu traballo é promover a creatividade, o desenvolvemento e a integración, compartir e aplicar os avances nas tecnoloxías da información, electrónica e ciencias en xeral para beneficio da humanidade e dos mesmos profesionais. Algúns dos seus estándares son:

Mediante as súas actividades de publicación técnica, conferencias e estándares baseados en consenso, o IEEE produce máis do 30% da literatura publicada no mundo sobre enxeñería eléctrica, en computación, telecomunicacións e tecnoloxía de control, organiza máis de 350 grandes conferencias ao ano en todo o mundo, e posúe preto de 900 estándares activos, con outros 700 máis baixo desenvolvemento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]