Instituto Regional de Castilla y León
Instituto Regional de Castilla y León | |
---|---|
Tipo | organización |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Instituto Regional de Castilla y León (Instituto Rexional de Castela e León en galego), sociedade rexionalista de Castela e León. Naceu legalmente en Paredes de Nava (Palencia) o 16 de xaneiro de 1976, aínda que se constituíra previamente en Lerma. A súa forma legal foi a de Sociedade Anónima, co fin de evitar o control que sobre as asociacións exercía o réxime. Xurdiu impulsado por persoas da oposición clandestina ao réxime franquista agrupados na denominada "Platajunta". Entre os seus máis de 300 membros predominaban os intelectuais, profesores universitarios, xornalistas, ecoloxistas e membros dos partidos políticos progresistas a título individual.
O Presidente do Instituto Rexional foi José Luis Martín, Catedrático de Historia Medieval da Universidade de Salamanca, e o seu Secretario Xeral Carlos Carrasco, avogado segoviano membro da asociación ecoloxista AEORMA-Cuenca del Duero.
O Instituto Regional de Castilla y León foi o impulsor en 1976 da primeira concentración autonomista de Villalar de los Comuneros e que, malia a prohibición gobernativa, convocou máis de 400 persoas que posteriormente foron disoltas pola Garda Civil. Un ano despois, en 1977, o Instituto Regional de Castilla y León fixo a convocatoria de Villalar conxuntamente coa Alianza Regional de Castilla y León. Ese ano o acto se foi autorizado e participaron preto de 20.000 persoas.
Coa chegada da democracia e a posterior consecución da autonomía de Castela e León, o Instituto Regional deixou a súa actividade. A maioría dos seus membros incorporáronse entón aos distintos partidos políticos, fundamentalmente da esquerda e o centro-esquerda.