Instituto de Investigaciones Feministas
Instituto de Investigaciones Feministas | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1988/1989 |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Instituto de Investigaciones Feministas ("Instituto de Investigacións Feministas") é unha institución da Universidade Complutense de Madrid creada no curso 1988-1989.[1] O Instituto está dedicado á investigación e a docencia en temas de xénero, estudos de mulleres e feminismo. A filósofa e teórica feminista Celia Amorós foi a súa primeira presidenta en 1990 tras o período fundacional asumido pola historiadora María del Carmen García-Nieto.[2][3] O instituto ten como obxectivo a xeración e difusión do pensamento feminista e os estudos de xénero a través da creación e mantemento de equipos científicos interdisciplinares de investigación.[4]
O Consello do Instituto conta con sesenta e tres membros, pertencentes a distintas disciplinas académicas nas áreas das Humanidades e das Ciencias Sociais que imparten docencia e investigan no ámbito dos estudos feministas.[5]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]As orixes do Instituto remóntanse ao ano 1983 cando un grupo de profesoras e alumnas de Terceiro Ciclo en Humanidades e Ciencias Sociais, empezan a reunirse co obxectivo de sumar os esforzos individuais no ámbito dos estudos feministas ao redor de María del Carmen García-Nieto, profesora titular do Departamento de Historia Contemporánea. Os primeiros encontros celebráronse no seu despacho da Facultade de Xeografía e Historia.
No outono de 1985 realizaron un encontro internacional co nome de Mujeres: Ciencia y Práctica Política no que participaron académicas en estudos feministas de España e do ámbito internacional. No comité organizador estaban Pilar Domínguez Prats, Concha Fagoaga, Gloria Nielfa, Carmen Sarasúa e Mª Dolores Vigil, baixo a coordinación de María del Carmen García-Nieto.[6] Entre as invitadas: Christine Delphy, do CNRS de París; Hillary Rose da Universidade de Bradford no Reino Unido; Lourdes Benería, da Universidade Rutgers de Estados Unidos; Celia Amorós, entón profesora da UNED e Verena Stolke da Universidade de Barcelona. Os textos das relatoras e os debates quedaron recollidos nun libro co mesmo nome do encontro.[7] No encontro inscribíronse máis dun centenar de persoas e algunhas das invitadas quedaron ligadas á o Instituto que se creou ao ano seguinte e cuxa primeira directora foi Celia Amorós.
Con Gustavo Villapalos como reitor da Universidade Complutense e o apoio de máis dunha ducia de Departamentos de diversas Facultades e da Xunta de Facultade de Xeografía e Historia, elevouse á Xunta de Goberno da Universidade a petición. Finalmente a Xunta de Goberno e o Consello Social aprobaron no curso 1988-89 o Instituto de Investigacións Feministas como un centro propio da Universidade, dedicado á investigación e docencia, interdisciplinar e interfacultativo.
Historia
[editar | editar a fonte]O 14 de novembro de 1990 tivo lugar o primeiro Consello para elixir á nova directora do Instituto: Celia Amorós, catedrática de filosofía da Universidade Complutense de Madrid, tras unha primeira etapa fundacional coordinada por María Carmen García Nieto. A primeira Comisión Executiva quedou integrada por: Pilar Domínguez Prats, Concha Fagoaga, Guadalupe Gómez-Ferrer, Mª Jesús Miranda, Gloria Nielfa, Carmen Sarasúa e Mª Dolores Vigil.
En xuño de 1993 Celia Amorós deixou a dirección por mor dunha estancia na Universidade Harvard. Relevouna Concha Fagoaga, profesora titular de Universidade, adscrita ao departamento de Xornalismo I. A partir desa data iníciase un desenvolvemento estatutario, modifícase a Comisión Executiva e pasan a ocupar postos de responsabilidade nos órganos do Instituto Gloria Nielfa, como Secretaria Académica, Carmela Sanz Rueda na área de Finanzas, Guadalupe Gómez-Ferrer, na área de Estudos, Ana Sabaté na área de Programas de Investigación e Cristina Segura Graíño, na área de publicacións do Instituto.
En xuño de 1995 foi escollida na dirección Cristina Segura Graíño, profesora Titular de Universidade, adscrita ao departamento de Historia Medieval na facultade de Xeografía e Historia, quen exercería o seu cargo até xuño de 1997. Relevouna Ana Sabaté, profesora Titular do Departamento de Xeografía Humana até xuño de 1999.
En xuño de 1999 a elección recae en Rosa García Rayego, profesora titular do Departamento de Filoloxía Inglesa.
En outubro de 2007 Marián López Fernández-Cao, profesora titular de Didáctica da Expresión Plástica asume o cargo.
En decembro de 2011 asumiu a dirección Asunción Bernández Rodal, profesora titular Departamento de Xornalismo III.[8]
Directoras
[editar | editar a fonte]- 1988 - 1990 María del Carmen García-Nieto (período fundacional)
- 1990 - 1993 Celia Amorós
- 1993 - 1995 Concha Fagoaga
- 1995 - 1997 Cristina Segura Graíño
- 1997 - 1999 Ana Sabaté
- 1999 - 2007 Rosa García Rayego
- 2007 - 2011 Marián López Fernández-Cao
- 2011 - Asunción Bernárdez Rodal
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Doctorado en Estudios Feministas y de Género. UCM".
- ↑ "En la muerte de María del Carmen García-Nieto, historiadora y militante".
- ↑ Historia del Tiempo Presente (ed.). "Mujeres, religión y política: el caso de María del Carmen García-Nieto París". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2018. Consultado o 21 de xuño de 2018.
- ↑ "Historia del Instituto de Investigaciones Feministas". 7 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2013. Consultado o 21 de marzo de 2016.
- ↑ "Composición del Consejo del Instituto de Investigaciones Feministas".
- ↑ Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (en castelán). Ediciones AKAL. ISBN 9788446014898.
- ↑ Mujeres: ciencia y práctica política (en castelán). Debate. ISBN 9788474442724.
- ↑ "Universidad Complutense de Madrid - Asunción Bernárdez".