Integración social
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A integración social son todas aquelas accións e intervencións que facilitan e posibilitan que as persoas desenvolvan as súas capacidades persoais e sociais.
Cada persoa parte con máis ou menos habilidades e cunhas necesidades concretas, dependendo da súa situación, os ritmos son diferentes e polo tanto teñen metas variadas e variables, o que fai que os seus procesos de integración teñan que ser personalizados e flexibles.
En España
[editar | editar a fonte]En España existe un ciclo formativo de grao superior Técnico/a en Integración Social.
As/os profesionais desta titulación exercen a súa actividade no sector dos servizos ás persoas: asistencias, educativa, apoio na xestión doméstica e psicosociais, e no sector de servizos á comunidade: atención psicosocial a colectivos e persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral e promoción da igualdade de oportunidades.
A titulación co Real Decreto 1074/2012, de 13 de xullo polo que establece o título de Técnico/a Superior en Integración Social.
Os módulos de ensinanza impartidos neste ciclo superior son os seguintes:
Contexto da intervención social
[editar | editar a fonte]- Análise dos procesos de desenvolvemento evolutivo do ser humano.
- Conceptos e procesos básicos de psicoloxía social e socioloxía.
- Análise da estrutura e procesos de dinámica social.
- Psicoloxía da exclusión social.
- Análise de necesidades, marxinacións e exclusións.
- Interpretación do marco da intervención social.
- Determinación dos ámbitos de intervención social.
- Caracterización de servizos e programas de intervención social.
Inserción sociolaboral
[editar | editar a fonte]- Caracterización do contexto da inserción sociolaboral.
- Planificación de intervencións de inserción laboral.
- Aplicación de técnicas de adestramento en habilidades sociolaborais.
- Planificación de actividades de inserción laboral.
- Definición de procedementos para o seguimento e avaliación do proceso de inserción sociolaboral.
Atención a unidades de convivencia
[editar | editar a fonte]- Planificación da intervención na unidade de convivencia.
- Organización da intervención en unidades de convivencia.
- Deseño de actividades do proxecto de intervención en unidades de convivencia.
- Organización de estratexias de intervención.
- Estratexias de intervención en violencia doméstica.
- Realización de actividades para o seguimento e control da intervención.
Mediación comunitaria
[editar | editar a fonte]- Planificación das intervencións de mediación.
- Organización das actuacións para a prevención de conflitos.
- Realización de actividades dos procesos de mediación comunitaria.
- Realización de actividades de avaliación da mediación.
Apoio á intervención educativa
[editar | editar a fonte]- Caracterización do apoio na intervención educativa.
- Organización do apoio á intervención educativa.
- Desenvolvemento de actividades de apoio á intervención educativa.
- Realización do seguimento do proceso de apoio.
Promoción da autonomía persoal
[editar | editar a fonte]- Elaboración de programas de adestramento de habilidades de autonomía persoal e social.
- Organización de actividades de adquisición de habilidades da vida diaria.
- Organización de actividades de adquisición de competencias básicas de mobilidade.
- Organización de actividades de adestramento e adquisición de habilidades socias.
- Organización de actividades de estimulación, mantemento e rehabilitación de capacidades cognitivas.
- Desenvolvemento de actividades de adquisición e adestramento de habilidades básicas de autonomía persoal e social.
- Realización de actividades de seguimento do proceso de promoción de habilidades de autonomía persoal e social.
Sistemas aumentativos e alternativos de comunicación
[editar | editar a fonte]- Detección de necesidades e procesos de intervención.
- Organización da intervención.
- Aplicación de sistemas de comunicación alternativa con axuda.
- Aplicación de sistemas de comunicación alternativa sen axuda.
- Comprobación da eficacia dos sistemas de comunicación.
Metodoloxía da intervención social
[editar | editar a fonte]- Determinación de métodos, técnicas e instrumentos de análise da realidade.
- Determinación dos elementos de proxectos de intervención social.
- Determinación de estratexias de promoción e difusión de proxectos de intervención.
- Incorporación da perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.
- Definición de procedementos de avaliación de proxectos de intervención social.
Primeiros auxilios
[editar | editar a fonte]- Valoración inicial de asistencia en urxencia.
- Aplicación de técnicas de soporte vital.
- Aplicación de procedementos de inmobilización e mobilización.
- Aplicación de técnicas de apio psicolóxico e de autocontrol.
Habilidades sociais
[editar | editar a fonte]- Posta en marcha de estratexias e técnicas que favorezan a relación social e a comunicación.
- Dinamización do traballo en grupo.
- Condución de reunións.
- Estratexias de xestión de conflitos e toma de decisións.
- Avaliación da competencia social e procesos de grupo.
Proxecto de integración social
[editar | editar a fonte]- Identificación de necesidades do sector produtivo da organización da empresa.
- Deseño de proxectos relacionados co sector.
- Planificación da execución do proxecto.
- Definición de procedementos de control e avaliación da execución do proxecto.
Formación e orientación laboral
[editar | editar a fonte]- Busca activa de emprego.
- Xestión do conflito e equipos de traballo.
- Contrato de traballo.
- Seguridade Social, emprego e desemprego.
- Avaliación de riscos profesionais.
- Planificación da prevención de riscos na empresa.
- Aplicación de medidas de prevención e protección na empresa.
Empresa e iniciativa emprendedora
[editar | editar a fonte]- Iniciativa emprendedora.
- A empresa e a súa contorna.
- Creación e posta en marcha dunha empresa.
- Función administrativa.
Formación en centros de traballo
[editar | editar a fonte]- Identificación da estrutura e organización empresarial.
- Aplicación de hábitos éticos e laborais.
- Realización de operacións de preparación da actividade laboral.
- Posta en marcha das actividades previstas no plan de traballo.
- Cumprimento dos criterios de seguridade e hixiene.
- Análise do servizo prestado.