Intercambio colombiano
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/69/Old_World_Domesticated_plants1.jpg/300px-Old_World_Domesticated_plants1.jpg)
O intercambio colombiano[1] foi unha transferencia xeneralizada de plantas, animais, cultura, poboacións humanas, tecnoloxía e ideas entre as Américas e o Vello Mundo nos séculos XV e XVI, relacionado co comercio e a colonización europea após o descubrimento de Cristovo Colón.[2] Especies invasoras de flora e fauna e enfermidades infecciosas tamén foron produto do intercambio.
O contacto entre as dúas áreas xerou unha gran circulación de gando e cultivos novos, o cal impulsou o crecemento da poboación en ambos os dous hemisferios, malia que nun comezo as enfermidades precipitaron o esmorecemento da poboación de indíxenas americanos. Os comerciantes regresaron a Europa con millo, patacas e tomates, que se converteron en cultivos moi importantes en Europa no século XVIII.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para colombiano.
- ↑ Nunn, Nathan; Qian, Nancy (2010). "The Columbian Exchange: A History of Disease, Food, and Ideas". Journal of Economic Perspectives 24 (2): 163–188. JSTOR 25703506. doi:10.1257/jep.24.2.163.