International Standard Musical Work Code

O ISWC (acrónimo inglés de International Standard Musical Work Code) é o número de referencia internacional para a identificación e comercialización de obras musicais, equivalente ao ISBN para os libros. Está descrito pola norma internacional ISO 15707.
Orixe e funcións
[editar | editar a fonte]O ISWC é parte do plan CIS (Common Information System) do CISAC, que a confederación de sociedades de protección de dereitos dos autores desenvolveu para responder ás necesidades de información na era dixital. Foi aprobado pola ISO (acrónimo inglés de International Organization for Standardization; en galego: Organización Internacional de Estandarización) e existe unha regulación que define o xeito no que o ISWC debe estar estruturado, así como as normas de emisión e aplicación.
O ISWC identifica as obras musicais por referencia ao título dunha obra e aos seus creadores (incluídos compositores, autores e arranxistas). Con todo, non serve para identificar os casos de utilización das obras en manifestacións, como publicacións, gravacións ou difusións. Existen outros códigos para isto: o Código Estándar Internacional de Gravación (ISRC) para gravacións sonoras; o Código Internacional Normalizado para Obras Textuais (ISTC) para os textos ou outro tipo de execución relacionada coa obra musical.[1]
Tódolos ISWC comezan pola letra T, seguida de nove números e un díxito de control ao final (Exemplo: ISWC T-123.456.789-1, ou ISWC T-123456789-1, ou simplemente ISWC T1234567891).
Os números de licenza ISWC son asignados polas sociedades de protección de dereitos (SGAE, en España) só cando o creador está debidamente identificado.
A Axencia Internacional ISWC, designada pola norma ISO, é a responsable dos sistemas de mantemento e administración pero non asigna os números directamente senón que son os entes rexionais e/ou locais ISWC quen están autorizados para recibir e tramitar as solicitudes ISWC e para asignar os números ISWC ás obras musicais e a Axencia Internacional supervisa a súa actuación.[2] A axencia ISWC local, ademais, de asignar os números ISWC ás obras baixo a súa autoridade tamén administra unha base de datos para os números asignados ISWC e os seus correspondentes metadatos. Así mesmo, dispoñen dunha rede de información ISWC con outros organismos ISWC locais e as sociedades.
Central ISWC
[editar | editar a fonte]A central da Axencia Internacional ISWC atópase en Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Identificadores internacionales Arquivado 06 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. (Páxina da International Confederation of Authors’ and Composers’ Societies)
- ↑ "ISWC for Collective Management Organizations". iswc.org (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Axencia Internacional ISWC Web oficial. Dispón dun motor de procura para a localización de obras.
- SGAE Web da Sociedade Xeral de Autores e Editores. Dende aquí tamén se pode acceder aos motores de procura ISWC.