Inukai Tsuyoshi
Nome orixinal | (ja) 犬養毅 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xuño de 1855 Okayama, Xapón |
Morte | 15 de maio de 1932 (76 anos) Toquio, Xapón |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Aoyama 35°40′00″N 139°43′20″L / 35.6667, 139.7222 |
29º Primeiro ministro do Xapón | |
13 de decembro de 1931 – 16 de maio de 1932 ← Wakatsuki Reijiro (pt) – Saito Makoto (pt) → Membro do gabinete: Inukai Cabinet (en) | |
Membro da Cámara de Representantes do Xapón | |
1890 – 1932 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Keio (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista |
Período de tempo | Século XIX e Século XX |
Empregador | Hōchi (en) |
Partido político | Rikken Seiyūkai (pt) Kensei Hontō (en) Rikken Kokumintō (en) Chūgoku Progressive Party (en) Rikken Kaishintō (pt) Kakushin Club (en) |
Pseudónimo literario | 仙次郎 昭和の実盛 憲政の神様 台光院殿沈毅木堂大居士 |
Familia | |
Fillos | Takeru Inukai |
Parentes | Kenkichi Yoshizawa, xenro |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Инукаи Цуёси) |
Inukai Tsuyoshi (犬養 毅?, nado o 20 de abril de 1855 e finado o 15 de maio de 1932) foi un político xaponés, vixésimo noveno primeiro ministro do Xapón (desde o 13 de decembro de 1931 até o 15 de maio de 1932, día do seu asasinato). Era o bisavó de Sadako Ogata.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de samuráis no Niwase han, provincia de Bizen (actual cidade de Okayama, na prefectura de Okayama), e graduouse na Universidade Keiō de Tokio. Na súa mocidade traballou como xornalista. Acompañou ao Exército Imperial Xaponés durante a Rebelión de Satsuma como reporteiro do Yubin Hochi Shimbun.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Inukai uniuse ao partido Rikken Kaishintō en 1882, que apoiaba as causas políticas liberais e opúxose aos membros dos antigos dominios Chōshū e Satsuma que controlaban o goberno. Foi elixido deputado da Cámara de Representantes en 1890, e renovou o escano dezasete veces.
O seu primeiro posto de gabinete foi como ministro de Educación no primeiro goberno de Okuma Shigenobu en 1898, e como ministro de Asuntos Internos e Comunicacións no segundo mandato de Yamamoto Gonnohyoe.
Foi unha figura clave no Shinpotō, no Kenseitō e no Rikken Kokumintō, que finalmente acabou co goberno de Katsura Tarō en 1913.
En 1922, o Rikken Kokuminto converteuse no Kakushin Kurabu, que uniu forzas con outros partidos máis pequenos para formar o gabinete de Katō Takaaki en 1924. Inukai serviu no gabinete como Ministro de Asuntos Internos e Comunicacións. O Kakushin Kurabu fusionouse co Rikken Seiyūkai, dos cales Inukai continuou sendo un membro clave. En 1929, tras a morte repentina de Tanaka Giichi, converteuse en presidente do Rikken Seiyūkai.
Primeiro ministro
[editar | editar a fonte]Inukai converteuse no 29º primeiro ministro do Xapón en 1931. Nese momento, Xapón afrontaba unha grave situación económica debido aos efectos da Gran Depresión de 1929 e o seu prematuro retorno ao patrón ouro. O goberno de Inukai tomou medidas para inflar a economía. Non obstante, non puido impoñer restricións fiscais ao exército nin controlar os asuntos militares na China, despois do incidente de Manchuria. A constante disputa co poder militar levou ao asasinato de Inukai durante o golpe do 15 de maio de 1932 -un grupo de fanáticos vinculados á Mariña matárono despois de que ratificara o Tratado de Londres, que puxo límites á Mariña-,[2] e marcou o fin do control político civil no goberno até o final da Segunda guerra mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sadako Ogata: First female UN refugee chief dies at 92". BBC News (en inglés). 2019-10-29. Consultado o 2022-07-09.
- ↑ Shin-Ichi 2013, p. 21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inukai Tsuyoshi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bix, Herbert B. Hirohito e a creación do Xapón moderno . HarperPerennial (2001). ISBN 0-06-093130-2
- Brendon, Piers. The Dark Valley: A Panorama of the 1930s . Vintage; reedición (2002). ISBN 0-375-70808-1
- Oka Yoshitake, et al. Cinco líderes políticos do Xapón moderno: Ito Hirobumi, Okuma Shigenobu, Hara Takashi, Inukai Tsuyoshi e Saionji Kimmochi . University of Tokyo Press (1984). ISBN 0-86008-379-9
- Shin-Ichi, Yamamuro (2013). "L'empire du Japon et le choc de la Première Guerre mondiale" 1 (249): 5–32.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Wakatsuki Reijirō |
Primeiro ministro do Xapón 1931 - 1932 |
Sucesor: Saitō Makoto |