Ionosphere Sounding Satellite
Aparencia
Ionosphere Sounding Satellite ou ISS, bautizados como Ume unha vez en órbita, foi unha serie de dous satélites artificiais xaponeses adicados ao estudo da ionosfera terrestre.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Ume adicáronse a estudar as ondas de radio na ionosfera para axudar a prever un uso óptimo das comunicacións en onda curta. Ume 1 foi lanzado o 29 de febreiro de 1976 mediante un foguete N-1 e tras un mes en órbita quedou fóra de servizo por un problema co sistema de alimentación eléctrica. Ume 2 foi lanzado o 16 de febreiro de 1978, tamén mediante un N-1, cunha misión inicial de ano e medio pero funcionando ata o 23 de febreiro de 1983 en quedou fóra de servizo debido á degradación da súa fonte de alimentación.[1][2]