Iria Fariñas
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1996 ![]() San Agustín del Guadalix, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Iria Fariñas Gutiérrez, nada en San Agustín del Guadalix (Comunidade de Madrid) en 1996, é unha escritora española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formada en pintura, escritura creativa e xestión cultural. Reside en Alacant e cursa o Grao en Filosofía. En 2019 fundou en Alacant o proxecto Reescribiendo Nuestro Mundo (RNM) e organiza o ciclo poético La sed. Imparte talleres de escritura creativa para adolescentes en institutos. Figura nas antoloxías 52 semanas (Entropía ediciones), Barrio (Huerga y Fierro), Caleidoscopio (Índigo editoras) e Poesía 90 (Olé libros). Poemas e relatos seus apareceron nas revistas Caracol Nocturno, Casapaís, La gran belleza, Zéjel e Ulrica.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Las huellas deshabitadas. Talón de Aquiles, 2021.
- Antinomia, Postdata ediciones.
- Ayer ya será tarde. La poesía mancha.
- Vista aérea. Entre Ríos, 2022.[1]
- quién extrajo el hueso, 2022.[2]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Bereshit, el origen, 2010.
- Ruido de cicatriz. InLimbo ediciones, 2022.
Performance
[editar | editar a fonte]- gota espejo bisagra, 2023.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Finalista do III Premio IASA ascensores de microrrelato.
- Finalista do IX Premio de novela xuvenil Jordi Sierra i Fabra.
- Segundo premio do concurso de poemas de Zenda libros “Pandemia de amor”.
- Segundo premio do concurso de microrrelato Mar i Sol.
- Premio Incendiario de Poesía 2022.
- Premio de Literatura Breve Vila de Mislata 2023.
- Premio de Proyectos escénicos Alacant a escena 2023.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vista aérea
- ↑ "quién extrajo el hueso". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2023. Consultado o 09 de xullo de 2023.