Iria González-Dopeso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 (48/49 anos) Santiago de Compostela, España |
Iria González-Dopeso Reyes, nada en Santiago de Compostela en 1976, é unha montañeira galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, a súa carreira profesional centrouse no estudo do sistema nervioso e das patoloxías mentais. Como deportista iniciouse no piragüismo, pero aos 13 anos foi atropelada por un automóbil e perdeu a parte inferior da perna. Logo dun tempo sen facer deporte regresou á canoa, e logo pasou ao montañismo.[1]
En 2008 participou nunha expedición española que trataba de acadar o Polo Sur dende Patriot Hills, na Antártida, cubrindo 250 km en 21 días e que tiña como obxectivo ser a primeira deportista discapacitada do mundo en facelo sen axudas externas.[2] Finalmente non puido chegar á fase final da expedición.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Una santiaguesa minusválida física se lanza a la conquista del Polo Sur Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 16/01/2008
- ↑ Estaremos semanas illados a 40 graos baixo cero Arquivado 02 de novembro de 2008 en Wayback Machine., Galiciae, 4/12/2008