Saltar ao contido

Iria Pedreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIria Pedreira
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Vilamaior, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Salamanca
Universidad Nacional de Educación a Distancia
Universidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónFiloloxía clásica, tradutor, escritor Editar o valor en Wikidata

Facebook: iria.majortom Twitter: IriaPedreira Instagram: pedreira.sanjurjo.iria Editar o valor en Wikidata

Iria Pedreira Sanjurjo, coñecida como Iria Pedreira, nada en Vilamaior (Ordes) o 6 de xaneiro de 1991, é unha filóloga, tradutora e escritora galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi grao en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago de Compostela (2009-2013) e doutora cum laude no Programa de doutoramento en Textos da Antigüidade Clásica e a súa pervivencia (Universidades de Santiago de Compostela, Salamanca e Valladolid), tese: Recepción, interpretación e adaptación dos clásicos grecolatinos na literatura dramática galega (2019). Foi Mestrado en Textos de la Antigüedad Clásica y su pervivencia na Universidade de Salamanca (2013-2014) e Mestrado Universitario de Formación de Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas, Especialidade de Grego na Universidade Nacional de Educación a Distancia (2020-2021).[2]

Está vinculada a diversos proxectos de crítica literaria.[1]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Obra colectiva

[editar | editar a fonte]
  • Ferreñas e Rock and Roll (2019). A Coruña: Baía Ed. 84 páxs. ISBN 9788499953304. Con Laura Romero.[4]
  • Scripta manent: nuevas miradas sobre los estudios clásicos y su tradición (2021). USC, colección Lucus-Littera

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2018: Ferreñas e Rock and Roll fíxose grazas á concesión dun premio no II Concurso de Ideas Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.
  • 2020: Ferreñas e Rock and Roll foi finalista nos Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de obra divulgativa.
  • 2022: a tradución de Ión e Ciclope de Eurípides foi candidata Premios Follas Novas do Libro Galego na categoría de obra traducida.
  1. 1,0 1,1 "Edicións Laiovento - Iria Pedreira". laiovento.gal. Consultado o 2023-04-01. 
  2. "Iria Pedreira Sanjurjo University of Santiago de Compostela - Academia.edu". usc-es.academia.edu. Consultado o 2023-04-01. 
  3. "Edicións Laiovento - MELPÓMENE ENTRE NÓS". laiovento.gal. Consultado o 2023-04-01. 
  4. "Ferrenhas-e-Rock-and-Roll". Baía Edicións A Coruña S.L. Consultado o 2023-04-01.