Irmán do vento
Irmán do vento | |
---|---|
Título orixinal | Irmán do vento |
Autor/a | Manuel Lourenzo González |
Orixe | Galicia |
Lingua | galego |
Colección | Colección Fóra de Xogo |
Xénero(s) | Infantil-xuvenil |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | 2003 |
Páxinas | 208 |
ISBN | ISBN 84-8302-858-1 |
Premios |
|
[ editar datos en Wikidata ] |
Irmán do vento é unha novela de Manuel Lourenzo González, publicada en 2003 por Edicións Xerais. Nese mesmo ano recibiu o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil.
Trama
[editar | editar a fonte]Khaled é un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, un amor, proxectos. Ata que, de repente, chega a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser.
Narración
[editar | editar a fonte]Irman do vento é unha novela de aventuras con tres narradores, un que introduce a acción, outro que conta a historia en cursiva e o propio protagonista. A acción transcorre en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Ao inglés por Jonathan Dunne como Brother of the Wind publicado en 2017 por Small Station Press, Col. Galician Wave.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Perfil do libro en Bitraga". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018.