Irmás por sorpresa
Irmás por sorpresa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Demi-sœurs |
Director | Saphia Azzeddine François-Régis Jeanne |
Guión | Saphia Azzeddine François-Régis Jeanne |
Intérpretes | Sabrina Ouazani Alice David Charlotte Gabris |
Música | Damien Bonnel Hugo Gonzalez-Pioli |
Fotografía | Christophe Graillot |
Montaxe | Dimitri Amar |
Estudio | Capture the Flag Films SND Groupe M6 |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 105 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() |
Irmás por sorpresa (en francés: Demi-sœurs) é un filme francés de 2018 dirixido por Saphia Azzeddine e François-Régis Jeanne.
Estreouse en galego o 8 de maio de 2024 a través da TVG.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Salma, unha profesora de instituto que vive coa súa nai nun barrio dos arredores de París, recibe a noticia de que o seu pai biolóxico, a quen nunca coñeceu, morreu e lle deixou en herdanza un piso de 250 metros cadrados no centro da cidade. Cando acode ao notario, descobre que hai outras dúas herdeiras, fillas tamén ilexítimas do falecido: Olivia, unha nena obsesionada con recuperar a pastelería do seu pai, que pechou por quebra económica, e Lauren, que aspira a traballar no mundo da moda. Malia as súas diferenzas, as medias irmás deciden vivir xuntas no piso e unirse para enfrontarse á lexítima familia do seu pai, que quere impugnar a súa vontade.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sabrina Ouazani como Salma
- Alice David como Lauren
- Charlotte Gabris como Olivia
- Patrick Chesnais como o notario
- Antoine Gouy como Benjamin
- Barbara Probst como Justine
- Ouidad Elma como Amal
- Romain Lancry como Matteo
- Tiphaine Daviot como Emmanuelle
- Anne Loiret como Marina
- Nicolas Bridet como Andrea
- Marion Lubat como Clélia
- Sam Karmann como Léo
- Meriem Serbah como a nai de Salma
- Valéria Cavalli como a nai de Olivia
- Sophie Duez a nai de Lauren
- Luana Duchemin como Victoire
- Ander Lafond como o veciño
- Aram Arakelyan como o poeta
- Mademoiselle Agnès como modelo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @AntRubal (ed.). "Irmás por sorpresa en galego na TVG". Consultado o 21 de maio de 2024.
- ↑ AlloCine (ed.). "Demi-sœurs" (en francés). Consultado o 2020-12-19.