Irmandade do Anel
Aparencia
A Irmandade do Anel é un grupo ficticio pertencente ao legendarium do escritor británico J. R. R. Tolkien, que ten unha especial importancia na novela O Señor dos Aneis e dá título ao primeiro dos tres libros, A Irmandade do Anel, publicado en 1954.
Dentro da novela, a Compañía tivo a súa orixe nas decisións adoptadas no Consello de Elrond en outubro do ano 3018 TI, co obxectivo de acompañar ao Portador do Anel Único na súa misión para destruílo e así acabar co Señor Escuro Sauron. Está composta por nove personaxes, os protagonistas principais da obra, que son representantes dos Pobos Libres da Terra Media.
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |