Irracionalismo
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2014) |
O irracionalismo é unha tendencia filosófica que nega que o mundo poida ser comprendido a través da razón ou pensamento conceptual. É un dos trazos do romanticismo que fai fincapé na emoción e na imaxinación, ao contrario da ilustración, que de maneira optimista cría no poder da razón.
No século XVII Blaise Pascal mostrounos o irracional da existencia humana. As análises contemporáneas continúan en moitos casos cou súa visión e céntranse no estudo do que está fora da razón.
Definicións particulares dos filósofos
[editar | editar a fonte]Pascal
[editar | editar a fonte]O último paso da razón é recoñecer que hai unha infinidade de cousas que a superan; é fraca se non chega a coñecer isto.
Meyerson
[editar | editar a fonte]Irracional, é dicir [acollido dificilmente polo nodo ente de mentó], como algo que penetra nel dende fóra.
Jung
[editar | editar a fonte]Empregou o termo irracional para designar, non o que é contrario á razón, senón o que está fóra dela, o que non se explica pola razon. Así serían irracionais todos os feitos elementais; por exemplo: a lúa é satélite da tierra.
En filosofía
[editar | editar a fonte]Acostuma chamarse así á doutrina filosófica que comprende todas aquelas teorías que negan o primado da razón, entendendo por tal ao entendemento humano na súa función discursiva. Nas súas posturas máis extremas, o irracionalismo sería con frecuencia unha reacción ao exaxerado racionalismo dominante en moitos filósofos e pensadores a partir de Descartes, e que perdura en diversos ambientes e correntes ata o século XX (por exemplo positivismo, empirismo, idealismo etc.), pero sen conseguer o equilibrio e acerto dun verdadeiro realismo. En realidade, tratase dun termo de significado pouco preciso no que se engloban posturas doutrinales de moi diversa índole e motivación. Así, dentro do irracional, como opuesto ao racional, pode encadrarse a inspiración poética, a intuición, o éxtase místico, a visión profética, o instinto, o subconscente etc.; é dicir, todas aquelas formas de coñecer e de actuar que non parecen poder reducirse nin explicarse pola ríxida e nítida estrutura do discurso racional (coñecemento, raciocinio). Tomado neste amplo sentido, o irracionalismo é unha constante do espírito humano, cuxas manifestacións, máis ou menos intensas, máis ou menos prevalentes, poden detectarse ao longo de toda a historia do pensamento. A oposición entre racional-irracional pode facerse equivalente á de apolíneo-dionisiaco delineada por Nietzsche no seu Die Geburt der Tragódie (1872) dentro da cultura grega. Como xa tiña sinalado con anterioridade Schelling, o apolíneo é o definido, o ordenado, o sistematizado; o dionisiaco é o impulsivo, o instintivo, o paixoal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irracionalismo (en castelán)