Saltar ao contido

Isaac Barrow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIsaac Barrow

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementooutubro de 1630 Editar o valor en Wikidata
Londres Editar o valor en Wikidata
Morte4 de maio de 1677 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Londres Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor en Wikidata
Vice chancellor (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Anglicana Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Felsted School (pt) Traducir
Trinity College
Charterhouse School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseVincenzo Viviani e Gilles de Roberval Editar o valor en Wikidata
Q89547790Teorema fundamental do cálculo, Óptica
Actividade
Campo de traballoFísica, matemáticas e teoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo , físico , profesor universitario , historiador das matemáticas , matemático , filósofo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorGresham College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Royal Society (1663–) Editar o valor en Wikidata
AlumnosIsaac Newton Editar o valor en Wikidata
Influencias
Influencias en
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoIsaac Newton Editar o valor en Wikidata

BNE: XX848106 WikiTree: Barrow-2188 Find a Grave: 21645 Editar o valor en Wikidata

Isaac Barrow, nado en Londres en 1630 e finado en 1677, foi un teólogo e matemático inglés, cuxo papel no desenvolvemento do cálculo moderno historicamente recibiu un mérito secundario, en concreto, no seu traballo respecto da tanxente. Barrow é famoso por ser o primeiro en calcular as tanxentes da curva kappa.

Isaac Newton foi discípulo de Barrow.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Trinity College de Cambridge, destacou en matemáticas e no estudo dos clásicos, graduouse en 1648 e conseguiu un posto de investigación en 1649. En 1655 optou a un posto de grego en Cambridge, pero as súas posturas políticas (realista) e relixiosas (anglicano), impedíronlle acceder ao posto. Pasou os seguintes catro anos viaxando por Francia, Italia e mesmo chegou a Constantinopla. Regresou a Inglaterra en 1659 e ao ano seguinte ordenouse ministro e accedeu ao posto de profesor de grego de Cambridge. En 1662 nomeárono profesor de xeometría no Gresham College e en 1663 accedeu á cátedra lucasiana de matemáticas, á que renunciou en 1669 en favor do seu discípulo Isaac Newton, nomeado capelán de Carlos II e vicerreitor do Trinity College deixou o estudo das matemáticas.
A súa primeira obra foi unha edición completa dos Elementos de Euclides, que apareceu en 1655 en latín e en 1660 en inglés. Editou as súas clases maxistrais de 1664, 1665 e 1666 no volume Lectiones Mathematicae. En 1669 sae do prelo Lectiones Opticae et Geometricae, revisada por Isaac Newton. Barrow foi un dos que prepararon a aplicación do cálculo diferencial á xeometría e foi o primeiro en recoñecer que a integración e a diferenciación son operacións inversas.

  1. "Isaac Barrow". Enciclopedia Británica 1911 (en inglés). Consultado o 23 de decembro do 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.