Saltar ao contido

Isabel de Villamartín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsabel de Villamartín
Biografía
Nacemento(es) Isabel de Villamartín Thomas Editar o valor en Wikidata
1837 Editar o valor en Wikidata
A Guarda, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1877 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
La Garriga, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGranollers Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCataluña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNou diccionari de la literatura catalana Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1488624 BUSC: villamartin-y-thomas-isabel-m-1877

Isabel de Villamartín i Thomas, tamén coñecida como Clemència Isaura, nada en Galicia e finada en La Garriga en 1877, foi unha escritora galega residente en Cataluña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nun lugar indeterminado de Galicia en data descoñecida. Mudouse a Cataluña, vivindo en Barcelona e Xirona. Desenvolveu principalmente a súa obra literaria en catalán e foi unha das principais compositoras de mediados do século XIX. Gañou a súa primeira Flor Natural nos Xogos Florais de 1859 co alcume de Clemència Isaura.

As súas obras incluíronse en Los trobadors nous e Los trobadors moderns, dúas antoloxías poéticas da Renaixença. Participou tamén no Calendari Català. Publicou Pembé-haré. Oriental (1856) e La desposada de Déu (1862), en catalán, e Horas crepusculares (1865) e La envidia y la caridad (1872) en castelán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]