Isidro Buceta
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 19 de abril de 1974 ![]() Madrid, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, avogado, escritor ![]() |
![]() |
Isidro Buceta Buceta, nado en Pontevedra en 1883 e finado en Madrid o 19 de abril de 1974[1], foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1904). Foi director do periódico El Progreso. Foi concelleiro e síndico do Concello de Pontevedra e presidente do Recreo de Artesanos. Vinculouse co agrarismo na súa última etapa en El Progreso, cando se produciu a escisión entre monteristas e riestristas, apoiou o movemento Acción Gallega e ao seu líder Basilio Álvarez, e iniciou unha campaña contra o marqués de Riestra. En 1916 marchou a Madrid onde exerceu a avogacía. En 1923, a raíz dos acontecementos agrarios dos Mártires de Sobredo, foi invitado polo Ateneo Madrileño para explicalo. Esta conferencia publicouse como El agrarismo gallego y su momento actual. Nas eleccións de municipais de abril de 1931 foi candidato da coalición monárquica por Madrid. Durante a II República estivo vinculado ao Partido Agrario Español e en 1935 tratou de impulsar a súa implantación na provincia de Pontevedra.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- El agrarismo gallego y su momento actual, 1923.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Humo al viento, 1960.
- Cantares y coplas, 1971.
- Aquel día (Veinticuatro horas), 1973.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.