Isolina Muíños Búa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | xaneiro de 1886 Pontevedra, España |
Morte | 29 de setembro de 1944 (58 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Cándido Barros Martínez |
Irmáns | Eduardo Muíños Búa |
Isolina Muíños Búa, nada en Pontevedra en xaneiro de 1886 e finada no mesmo concello o 29 de setembro de 1944, foi unha mestra e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Antonio Muíños Malvar. Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Despois foi auxiliar da Sección de Letras na Escola de Pontevedra. Nese centro impartiu diversas materias, Metodoloxía da Historia, Cuestións económicas e sociais e Nocións de Xeografía. Publicou Atlas de Geografía General y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales (1914). Colaborou en El Progreso dende 1917. En 1920 tiña en preparación outros traballos: Concepto del profesorado por concurso y por oposición e Opinión sobre el tratamiento en el aula del adulto y del niño.
Obras
[editar | editar a fonte]- Atlas de Geografía general y regional para ejercicios prácticos en las Escuelas Normales, 1914.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Cándido Barros Martínez e foi nai de Emilia, Josefa, Fernando, Olga, Jaime e Julio Barros Muíños (que emigrou a Venezuela). O seu irmán Eduardo Muíños Búa foi fusilado polos franquistas en 1936.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia III. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 13.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 292. ISBN 978-84-8341-146-9.