Saltar ao contido

István Nyers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIstván Nyers

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1924 Editar o valor en Wikidata
Freyming-Merlebach, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte9 de marzo de 2005 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Subotica (Serbia e Montenegro) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1941–1944 ŽAK Subotica
1944–1944 Ganz-MÁVAG SE
1944–1944 Budapest Honvéd FC 3(0)
1945–1945 Budapest Honvéd FC 3(0)
1945–1946 Újpest FC 20(18)
1946–1946 Viktoria Žižkov 3(1)
1946–1948 Stade Français Football 62(34)
1948–1954   Inter de Milán 182(133)
1954–1954 Servette FC 0(0)
1954–1956   AS Roma 54(20)
1956–1956   FC Barcelona
1956–1957   FC Barcelona 0(0)
1957–1957 Terrassa Olímpica 2010 0(0)
1957–1958 CE Sabadell 0(0)
1958–1958 CE Sabadell 0(0)
1958–1960 Calcio Lecco 1912 36(11)
1960–1961 Associazione Calcio Nuova Valdagno 11(2)
1960–1961 A.S.D. Boca Ascesa Val Liona 11(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1945–1946   Hungría 2(2)
Familia
IrmánsFerenc Nyers Editar o valor en Wikidata

István Nyers tamén coñecido coma Stefano Nyers, nado en Freyming-Merlebach (Francia) o 25 de maio de 1924 e finado en Subotica (Serbia) o 9 de marzo de 2005, foi un futbolista húngaro que xogaba na demarcación de dianteiro. A pesar de que só disputou dous encontros coa selección de fútbol de Hungría está considerado como un dos mellores xogadores deste país, desenvolvendo o mellor da súa carreira futbolística no Inter de Milan.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Francia nunha familia de emigrantes húngaros que traballaban na minaría, aos catorce anos trasladouse coa súa familia a Budapest onde comezou a xogar no III. Kerületi TUE. Debutou oficialmente con 17 anos no Szabadkai VAC, equipo Iugoslavo que xogaba na liga húngara despois da anexión deste país da rexión ao comezo da segunda guerra mundial.

En 1944 fichou polo Zuglói GANZ e en 1945 polo Újpest FC, co que gañou a Liga húngara en 1945 e 1946. Ese último ano emigrou, fichando polo FK Viktoria Žižkov checoslovaco e polo Stade Français FC francés despois.

En 1948 fichou polo Inter de Milan onde se converteu nun dos mellores goleadores da historia da Serie A italiana. No equipo milanés proclamouse campión do Campionato italiano en 1953 e 1954, proclámandose tamén máximo goleador do campionato no seu primeiro ano no equipo.

En 1954 deixou o equipo e fichou, tras un breve paso polo Servette FC, polo AS Roma, onde militou dous anos. Ao cabo deste período fichou por diferentes equipos cataláns, FC Barcelona, Terrassa FC e CE Sabadell FC, sen chegar a disputar ningún encontro.

Finalmente retirouse en 1961, xogando en equipos menores da liga italiana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]