Iván Carril
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1985 (39 anos) Rebordaos, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2002 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Iván Carril Regueiro, nado en Rebordaos (Santiago de Compostela) o 13 de febreiro de 1985, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego, que dende 2019 adestra o Noia, actualmente na Terceira División RFEF.
Extremo veloz e habilidoso, estaba considerado unha das maiores promesas do Deportivo da Coruña, co que chegou a xogar varios partidos na Primeira División.[1] Posteriormente militou en equipos da Segunda e a Segunda B, así como en clubs de Austria, Grecia, Nova Zelandia e Noruega. Gañou co SV Ried unha Copa de Austria e co Auckland City un Campionato de Nova Zelandia e a Liga de Campións da OFC.
É irmán dos tamén futbolistas Jonathan e Iker Carril.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Os seus inicios foron nun humilde club de fútbol sala do concello de Teo, onde a súa calidade pronto chamou a atención, sendo fichado pola SD Compostela para as súas categorías inferiores. No 2001 incorporouse á canteira do do FC Barcelona, onde conviviu entre outros con Andrés Iniesta,[2] pero acabou sendo descartado.[3] Rexurdiu tras volver a Galicia, nesta ocasión ao equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, ao que se incorporou en 2002.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]Xa convertido nunha das maiores promesas do club coruñés e do fútbol galego, na tempada 2004/05 subiu ao Fabril, da Terceira División, onde coincidiu co seu irmán maior Jonathan.[4] Extremo veloz e habilidoso, axiña se converteu nunha destacada peza no filial deportivista e na campaña 2005/06 recibiu a chamada de Joaquín Caparrós para debutar co primeiro equipo do Deportivo.[1] Foi nun partido da Copa Intertoto ante o Budućnost Podgorica en Riazor, o 2 de xullo de 2005, encontro no que substituíu na segunda parte á lenda do club, Juan Carlos Valerón.[5] [6] Foi titular no partido de volta e seguiu participando nos seguintes partidos da competición europea, marcando un dos goles do seu equipo na ida da final ante o Olympique de Marsella.[7]
Saíu de inicio na primeira xornada de liga e disputou un total de 15 partidos durante a tempada. O 3 de maio de 2006 marcou o seu primeiro e único gol na Primeira División, na penúltima xornada do campionato ante o Espanyol no Olímpic Lluís Companys, cun forte disparo dende fóra da área co que superou ao gardameta Gorka Iraizoz e empatou o partido, minutos antes de darlle tamén unha asistencia a Diego Tristán para que este culminase a remontada (1-2).[8][9]
Cesións ao Vecindario e ao Palencia
[editar | editar a fonte]Para a tempada 2006/07 foi cedido xunto a Xisco ao Vecindario, club da Segunda División co que o Deportivo mantiña un convenio de colaboración.[10] O seu paso polo club canario foi accidentado dende o principio, debido a un enfrontamento co adestrador Pacuco Rosales nos primeiros meses e ás lesións que lle impediron estar dispoñible en varias xornadas. A súa situación non mellorou coa chegada dun novo técnico, o galego Castro Santos, e en xaneiro de 2007 o seu contrato de cesión foi rescindido.[11]
Imposibilitado pola normativa para xogar nin en Primeira nin en Segunda no que restaba de tempada, para a segunda metade da 2006/07 foi cedido ao Palencia, da Segunda División B,[12] onde tampouco tivo continuidade, disputando 13 partidos, 6 deles como titular.
Regreso ao Fabril
[editar | editar a fonte]A continuación regresou ao Fabril, que viña de ascender á Segunda B por primeira vez na súa historia. Xogou durante os seguintes dous anos no filial e estivo asentado na titularidade nun principio, pero atravesou momentos de irregularidade e chegou a pasar preto de ano e medio sen marcar gol, caendo incluso das convocatorias de Tito Ramallo.[13] Nunca máis volveu vestir a camiseta do primeiro equipo do Deportivo e en 2009, tralo descenso do Fabril, rematou o seu contrato co club. Disputou un total de 103 partidos co Fabril, nos que anotou 19 goles.
Pontevedra
[editar | editar a fonte]En agosto de 2009 asinou por unha temporada polo Pontevedra, tamén de Segunda B.[14] Ás ordes de Roberto Aguirre primeiro e Pablo Alfaro despois, xogou un total de 36 partidos, 4 deles na promoción de ascenso, e anotou 2 goles.
Austria
[editar | editar a fonte]Na tempada 2010/11 viviu a súa primeira experiencia no estranxeiro, ao fichar polo SV Ried, da Bundesliga de Austria. Na campaña do seu debut acadou un cuarto posto en liga e conquistou a Copa de Austria, tras derrotar ao Austria Lustenau na final, na que foi titular.[15] Militou un total de tres anos no club austríaco, co que acadou unha segunda final de Copa e disputou dúas edicións da Europa League, antes de deixar o club ao remate dunha tempada 2012/13 na que sufriu problemas cos tendóns de Aquiles.[16] Pechou o seu paso por Austria cun total de 76 partidos, 13 goles e 9 asistencias.
Paso por Grecia e o Kurdistán
[editar | editar a fonte]Despois de varios meses sen equipo, en febreiro de 2014 viaxou a Grecia, onde fichou polo Olympiacos Volos, da segunda categoría. Con todo, no equipo de Tesalia volveu vivir unha mala experiencia, pois o club non chegou a pagarlle ningún mes de salario, situación que acabou nos xulgados.[17][18] Abandonou o equipo despois de só seis partidos oficiais e puxo rumbo ao Kurdistán iraquí, para aceptar unha importante oferta económica do Arbil SC, club co que podería disputar a Copa AFC. Con todo, o seu litixio co Olympiacos Volos atrasou o seu tránsfer, o que unido ao avance do Estado Islámico polo país, fixo que o xogador fixese de novo as maletas menos dun mes despois da súa chegada a Arbil.[17][18]
L'Hospitalet e Nova Zelandia
[editar | editar a fonte]No verán de 2014 fichou polo CE L'Hospitalet, de Segunda B. Xogou media tempada no club catalán, disputando 12 partidos, 7 deles como titular. En xaneiro de 2015 cambiou de novo de continente, fichando polo Auckland City de Nova Zelandia. Co club azul tivo como adestrador ao catalán Ramon Tribulietx e coincidiu con varios xogadores españois e co tamén galego Gustavo Souto. Xogou seis partidos do Campionato de Nova Zelandia e marcou catro goles que contribuíron a que o equipo gañase o título de liga.[19] Disputou tamén a Liga de Campións da OFC e acadou a final, sendo titular na final celebrada no Estadio Nacional de Suva, en Fidxi. ante o Team Wellington. O seu equipo proclamouse campión despois de empatar e de superar na quenda de penaltis ao club da capital neozelandesa.[20]
Noruega e retirada
[editar | editar a fonte]En setembro de 2015 iniciou o seu derradeiro periplo como futbolista, asinando contrato co Gjøvik-Lyn, da 2. divisjon de Noruega, terceira categoría do fútbol do país.[21] Despois de sufrir a rotura do ligamento cruzado, en 2016 regresou a Galicia, onde colgou finalmente as botas.[22][23]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Deu os seus primeiros pasos como adestrador mentres aínda era xogador, dirixindo nas categorías inferiores do Auckland City e do Gjøvik-Lyn.[24] Trala súa retirada ingresou na canteira do Compostela, onde adestrou o equipo cadete, conseguindo o ascenso á liga galega ao remate da tempada 2018/19.[23]
En xullo de 2019 foi contratado para adestrar o Noia, da Preferente Galicia, en substitución de José Manuel Martínez "Secho".[25][23] Compaxinou esta labor co seu traballo no Compostela, onde continuou dirixindo o conxunto cadete e a Escola de Tecnificación, que el mesmo creou.[24] A súa primeira tempada no Noia acabou interrompida pola pandemia de COVID-19, pero na 2020/21 o equipo proclamouse campión do Grupo Norte de Preferente, conseguindo así o ascenso á Terceira División RFEF.[24] Esa mesma campaña, Iván Carril conseguiu tamén o ascenso co cadete do "Compos", ao que levou á División de Honra.[24]
Dirixiu o Noia na terceira campaña da súa historia na Terceira División, pero o equipo acabou descendendo tras rematar na 14ª posición.[26] Despois de dous anos en Preferente, en 2024 proclamouse por segunda vez campión do Grupo Norte, regresando así á Terceira, cun grupo de xogadores entre os que se encontraba o seu irmán Iker.[27][28] Esa mesma campaña acadou ademais a final da Copa do Sar, onde caeu derrotado diante do Sigüeiro.[29]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Xogador
[editar | editar a fonte]- Fabril
- Terceira División (1): 2005/06.
- Ried
- Copa de Austria (1): 2010/11.
- Auckland City
- Campionato de Nova Zelandia (1): 2014/15.
- Liga de Campións da OFC (1): 2014/15.
Adestrador
[editar | editar a fonte]- Noia
- Preferente Galicia (2): 2020/21, 2023/24.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Pereira, Eder (14 de xaneiro de 2022). "Iván Carril: “En el Deportivo hay mejor cantera que antes”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ Brea, Fran (17 de xaneiro de 2022). "Iván Carril: «Era un jugador complicado de llevar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "Iván Carril, el jugador de banda que había pedido el entrenador, ya es del Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de agosto de 2009. Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "Convocatoria do Deportivo B". 30 de outubro de 2004. Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "El Deportivo deberá confirmar su pase a la siguiente eliminatoria de la Copa Intertoto en Pogdorica". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2005. p. 40.
- ↑ "Deportivo 3-0 Budućnost". BDFutbol (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "Deportivo 2-0 Olympique". BDFutbol (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "Espanyol 1-2 Deportivo". BDFutbol (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "El Deportivo complica la permanencia al Espanyol". El Mundo (en castelán). 3 de maio de 2006. Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "El Vecindario presenta a Xisco e Iván Carril, cedidos por una temporada por el Deportivo" (en castelán). 18 de xullo de 2006. Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "Iván Carril, a Palencia". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 2007. p. 28.
- ↑ "El Deportivo de La Coruña cede a Iván Carril al Palencia". El Correo Gallego (en castelán). 26 de xaneiro de 2007. Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ Rodríguez, Rubén Darío (3 de febreiro de 2009). "Iván Carril "El fútbol es tan raro que yo no pierdo la esperanza por nada"". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ Bruquetas, Antón (21 de agosto de 2009). "Iván Carril, el jugador de banda que había pedido el entrenador, ya es del Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "SV Ried 2-0 Austria Lustenau". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ Espiño, Ramiro (22 de novembro de 2012). "Iván Carril volve a Pontevedra para recuperar os seus mancados tendóns". Pontevedra Viva. Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ 17,0 17,1 Crespo, Imanol (18 de marzo de 2015). "El CE L’Hospitalet devuelve la calma a la carrera de Iván Carril tras su aventura en Irak" (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ 18,0 18,1 Juan I., Irigoyen (3 de decembro de 2014). "Entre el Barça y el Hospi, Irak". El País (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2024.
- ↑ "Auckland City campeón de liga en Nueva Zelanda" (en castelán). 5 de abril de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ "Auckland City triumph in final thriller" (en inglés). 27 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ Antelo, Iván (12 de setembro de 2015). "Iván Carril probará fortuna en el fútbol noruego". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ "El viaje de Iván Carril se detiene". La Opinión A Coruña (en castelán). 22 de xuño de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 Sevilla, Álvaro (30 de xullo de 2019). "Iván Carril inicia en Noia su vida en los banquillos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 24,3 "“Esta temporada estaba aún más complicado ascender”". El Correo Gallego (en castelán). 24 de xuño de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ "Iván Carril toma el relevo de Secho en la dirección del banquillo del Noia". El Correo Gallego (en castelán). 18 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ "Carril sigue en el Noia pese al descenso: «Intentaremos mantener este bloque»". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 2022. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ Brea, Fran (19 de maio de 2024). "La copa de campeón de Preferente se queda en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ "O Noia proclámase campión do Grupo Norte de Preferente". Real Federación Galega de Fútbol. 19 de maio de 2024. Consultado o 4 de xullo de 2024.
- ↑ Calvo, Naso (8 de xuño de 2024). "El Sigüeiro, campeón de la 56 Copa do Sar al superar al Noia en la prórroga (0-1)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iván Carril |
- Nados en 1985
- Nados en Santiago de Compostela
- Futbolistas de Santiago de Compostela
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da UD Vecindario
- Xogadores do CF Palencia
- Xogadores do Pontevedra CF
- Xogadores do SV Ried
- Xogadores do CE L'Hospitalet
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do CF Noia