Iván Prado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (50/51 anos) Lugo, España |
Iván Fernández Prado[1], máis coñecido como Iván Prado, nado en Lugo en 1974, é un pallaso, actor e director teatral galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como pallaso formouse con outros especialistas nesta disciplina: Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Philippe Gaulier ou Jango Edwards, entre outros.
É director de espectáculos e eventos como Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), Magiclown ou Terractiva (Feira Ecolóxica de Arzúa), membro da compañía teatral Os Sete Magníficos máis Un e socio dunha empresa de distribución cultural.[2]
Ten promovido e participado en diferentes causas solidarias, como o Festiclown Palestina 2011 [3] ou o Festiclown Wirikuta (México) 2012 [4]. Precisamente, o apoio á causa palestina valeulle en 2010 ser retido e deportado no aeroporto israelí Ben Gurion [5][6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juventudcanaria.com[Ligazón morta], consultado o 8 de febreiro de 2013
- ↑ Culturactiva Arquivado 05 de agosto de 2013 en Wayback Machine., consultado o 8 de febreiro de 2013
- ↑ La Voz de Galicia, 31 de agosto de 2011
- ↑ Jornada, 11 de xuño de 2012
- ↑ Faro de Vigo, 24 de abril de 2010
- ↑ Haaretz, 6 de maio de 2010]
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |