Iván Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 2001 ![]() La Solana, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Dianteiro ![]() |
Iván Romero de Ávila Araque, coñecido como Iván Romero, nado en La Solana o 10 de abril de 2001, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Levante, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras do Albacete e do Sevilla. Na tempada 2019/20 debutou co Sevilla Atlético na Segunda División B, nun empate sen goles ante o Recreativo Granada, e na seguinte campaña subiu definitivamente ao filial, pechando o campionato con 12 goles.[1]
O 15 de agosto de 2021 produciuse a súa estrea co primeiro equipo do Sevilla na Primeira División, substituíndo a Fenando nos minutos finais dunha vitoria por 3-0 sobre o Rayo Vallecano.[2][3]
Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Tenerife, da Segunda División.[4] Marcou o seu primeiro gol na categoría o 24 de setembro, nun empate a dous goles contra a Ponferradina. Foi un habitual nos onces titulares de Ramis e completou a tempada cun total de 35 encontros e 5 goles.
En agosto de 2023 asinou por tres anos co Levante, tamén de Segunda.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Recreativo Granada - Sevilla Atlético (0-0): Un punto y muy poca fe" (en castelán). 26 de outubro de 2024. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "El 'calor' del Sevilla". Marca (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "Iván Romero y Fran García debutan en Primera" (en castelán). 16 de agosto de 2021. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "IVÁN ROMERO SE MARCHA CEDIDO AL CD TENERIFE" (en castelán). 31 de agosto de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2024.
- ↑ "El Levante UD apuntala su delantera con Iván Romero" (en castelán). 12 de agosto de 2023. Consultado o 26 de outubro de 2024.