Saltar ao contido

Ivana Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIvana Miño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, presentadora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm2019764 LinkedIn: ivana-miño-a75ba525 Editar o valor en Wikidata

Ivana Miño é unha actriz catalá de cinema, teatro e televisión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Liceo Francés de Barcelona, onde descubriu a súa paixón polo baile e o teatro, aínda que ó rematar o colexio, ingresou na Universidade de Bioloxía ata que se licenciou, deixando de lado as súas ganas de actuar. Mentres tanto, seguiu tomando clases de danza e perfeccionando o seu dominio do inglés, obtendo o Proficiency á idade de 17 anos.

Durante algúns anos combinou o seu traballo como profesora de danza en varias escolas coa de tradutora científica da Universidade de Barcelona. Despois pasou unha tempada en Londres, onde volveu espertar o seu interese polo mundo do teatro.

Ao terminar en 2007, fixo a súa primeira película en México, Guadalupe, compartindo cartel con Angélica Aragón, José Carlos Ruiz e Pedro Armendáriz Jr. Xusto despois entrou a formar parte dunha serie de grande éxito da televisión catalá, Ventdelplà, onde interpretou durante varias tempadas a Nicole, unha granxeira australiana. Foi o seu primeiro papel como estranxeira. O ano seguinte, foi escollida para a obra de teatro Carta dunha descoñecida, de Stefan Zweig, dirixida por Fernando Bernués.

A partir de 2008, realizou varias películas de fala inglesa, traballando da man de directores como Rodrigo Cortés (Buried), a carón de actores como Timothy Hutton (Reflections), Robert Englund (The night of the sinner) e Michael Ironside (Transgression).

Desde entón, seguiu formándose en diversos ámbitos artísticos como a loita escénica (Rosa Nicolás), teatro de Shakespeare (Will Keen), teatro físico (Thomas Prattki), técnica Meisner (Javier Galitó) e investigación teatral (Andrés Lima e Sol Picou), entre outros.