Iztaccíhuatl
Tipo | estratovolcán ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Popocatépetl ![]() | |||
Localización | ||||
Continente | América ![]() | |||
División administrativa | Estado de México e Puebla, México ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Eixo Neovolcánico ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 5.230 m ![]() | |||
Prominencia topográfica | 1.560 m ![]() | |||
Material usado | Andesita ![]() | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1889 | primeira ascensión ![]() | |||
Iztaccíhuatl (do nahuatl "Iztac", branco/a e "cíhuatl", muller) é unha montaña de México, a terceira máis alta do país despois do Pico de Orizaba (5.610 m) e o Popocatépetl (5.452 m). Segundo a mitoloxía azteca, trátase dunha princesa que se converteu en deidade.
A silueta de Iztaccíhuatl, que case sempre está cuberta de neve, ten a forma dunha muller deitada co cabelo estendido para o lado oposto do seu corpo. Por esta razón, tamén se coñece como "a muller durmida" ou "a muller branca".
Xeografía e historia
[editar | editar a fonte]O Iztaccíhualt ten varios picos. O máis alto deles é o denominado "Pecho", con 5.286m de altura. Sobresaen tamén "a cabeza" e "os pés". Atópase a uns 70 quilómetros ao sueste da Cidade de México, e antigamente podía observarse dende a metrópole, xunto co seu compañeiro Popocatépetl. Ambos cumios dominaban o horizonte da urbe, que foi o centro cultural, político e económico do Imperio Azteca, polo que existen múltiples expresións artísticas e literarias vencelladas a eles. Porén, a causa da contaminación ambiental, na actualidade só son visibles ocasionalmente.
O primeiro rexistro de ascenso a esta montaña data de 1889, mais a evidencia arqueolóxica indica que os aztecas e outros pobos anteriores xa a escalaran previamente.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lenda dos volcáns.
Segundo a mitoloxía azteca, Iztaccíhuatl foi unha princesa tlaxcalteca que namorou de Popocatépetl, un dos guerreiros do seu pai. Este enviouno a unha batalla en Oaxaca, prometéndolle a man da súa filla se regresaba vitorioso e coa cabeza do seu inimigo nunha lanza. Porén, por un erro, chegou a falsa mensaxe de que Popocatépetl falecera en combate. A princesa, devastada, caeu nunha grave depresión e acabou por morrer. Tempo despois, Popocatépetl volveu triunfal, cumprindo a súa promesa. Co corazón roto polo pasamento da súa amada, levou o seu corpo a un monte, onde os deuses a converteron nun volcán inactivo. Logo, prendendo un facho, Popocatépetl prometeu que nada apagaría o lume co que velaba o corpo de Iztaccíhuatl. Por isto, os deuses concedéronlle tamén a eternidade, converténdoo en volcán. Así xurdiron as inmensas montañas que arrodean o val de México.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Báez, Conti (2006). "La leyenda de Popocatépetl e Iztaccíhuatl". Grupo Radio Centro (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29/01/2009.