Jürg Richter
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1963 Zürich, Suíza |
País de nacionalidade | Suízo. |
Educación | Universidade de Zürich. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Empregador | Credit Suisse (pt) UBS AG (pt) |
Premios | |
2016: Premio Otto Paul Wenger. |
Jürg Richter, nado en Zürich o 1 de outubro de 1963, é un numismático suízo especializado no comercio de moedas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jürg Richter descubriu a súa afección polo coleccionismo de moedas na súa infancia. Cursou estudos de Economía na Handelsschule, Sankt Gallen, e na Universidade de Zürich.[1]
Richter converteuse en numismático profesional en 1985, traballando en Credit Suisse durante 12 anos, ata o pechamento desta compañía en 1996.[1][2]
Entre 1996 e 1998 traballou na empresa de comercio numismático de Frank Sternberg, de Zürich, na que duirixiu as súas primeiras poxas de moedas, e de 1998 a 2011 pasou a formar parte do Departamento de Ouro e Numismática de UBS, onde ocupou postos de dirección.[1][2]
A partir da absorción deste departamento da UBS en 2011 por parte da compañía Sincona AG, Jürg Richter pasou a ser poxador e director comercial nesta última.[1][2]
As súas especialidades son a moeda de ouro e de prata a partir do século XVII, as moedas de ouro de investimento e as moedas cantonais e federais suízas, así como os táleros de tiro e os billetes.[2]
No ámbito asociativo, Jürg Richter e membro da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos e da Sociedade Numismática de Zürizc. En ambas as entidades coupou cargos directivos.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2016): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos.[1][3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Jürg Richter:[1][4]
- (1988). Fehlprägungen und Fälschungen von Schweizer Münzen ab 1850. Helvetische Münzenzeitung, Zürich.
- (2003). Die Banknoten der Schweiz (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861827
- (2005). Die Schützentaler und Schützenmedaillen der Schweiz. Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861957
- (2005). Die Schützenjetons der Schweiz. Regenstauf Gietl. ISBN 9783924861957
- (2006). Der neue HMZ-Katalog (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl.
- Tomo 1: Die Münzen der Schweiz. Antike bis Mittelalter. ISBN 3-86646-508-4
- Tomo 2: Die Münzen der Schweiz und Liechtensteins. 15./16. Jahrhundert bis Gegenwart. ISBN 3-86646-504-1
- (2006). Die Münzen der Schweiz Antike bis Mittelalter (con R. Kunzmann). Regenstauf Gietl. ISBN 9783866465084
- (2016). Die Proben und Materialvarianten der Kantonsmünzen. Regenstauf Gietl Verlag.
- Tomo 1: Die Proben und Materialvarianten der Kantonsmünzen. ISBN 978-3-86646-573-2
- Die Proben und Materialvarianten der Münzen der Schweizerischen Eidgenossenschaft. ISBN 9783866465749
- (2020). Swiss shooting talers and shooting medals. Battenberg Verlag. ISBN 978-3866461932
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Richter, Jürg". En Coins Weekly. 13 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Jürg Richter". www.Sincona.com
- ↑ "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
- ↑ "Richter, Jürg". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Jürg Richter erhält Otto-Paul-Wenger-Preis 2016". En Münzen Woche. 14 de xullo de 2016.
- "Richter, Jürg". En Coins Weekly. 13 de maio de 2021.