Jānis Mendriks
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xaneiro de 1907 ![]() Aglona, Letonia (en) ![]() ![]() |
Morte | 1 de agosto de 1953 ![]() Vorkuta, Rusia (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | ferida por arma de fogo ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Seminario Teológico Católico de Riga ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico ![]() |
Jānis Mendriks, nado en Aglona (Letonia, daquela parte do Imperio Ruso) o 21 de xaneiro de 1907 e finado en Vorkuta o 1 de agosto de 1953 na revolta do gulag soviético de Vorkuta, foi un cura católico letón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Letgallia, preto de Aglona, un territorio do antigo Imperio Ruso. Entrou na Congregación dos Padres Marianos no 1926 e foi ordenado sacerdote no 1938.
En 1950 foi preso e condenado a 10 anos nun campo de concentración en Vorkuta, na República dos Komis, onde estaba destinado a traballar nas minas de carbón da zona. Despois da morte de Iosif Stalin os detidos deste campo de concentración, na esperanza dunha liberación inminente, rexeitaran traballar. A policia do campo de concentración, ao entender que non conseguían convencer os presos a voltaren ao traballo nas minas, decidiu matalos.
O día 1 de agosto de 1953, Jānis Mendriks foi un dos primeiros en seren fusilados.
Na congregación dos padres marianistas é considerado un mártir.
Jānis Mendriks foi homenaxeado pola Igrexa católica como un Servo de Deus desde o ano 2003.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jānis Mendriks ![]() |