Jūsannin no Shikaku
13 asasinos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jūsannin no Shikaku - 十三人の刺客 |
Director | Takashi Miike |
Produtor | Toshiaki Nakazawa (Sedic International) Jeremy Thomas (Recorded Picture Company) Takashi Hirajō (TV Asahi) |
Guión | Daisuke Tengan |
Intérpretes | Kōji Yakusho Takayuki Yamada Yūsuke Iseya Gorō Inagaki (SMAP) Masachika Ichimura Mikijirō Hira |
Música | Kōji Endō |
Fotografía | Nobuyasu Kita |
Montaxe | Kenji Yamashita |
Estudio | Sedic International Recorded Picture Company Toho Company |
Distribuidora | Toho Company (Xapón) Artificial Eye (RU) Magnet Releasing (USA) |
Estrea | 2010 |
Duración | 141 minutos 126 minutos (Versión internacional) |
Orixe | Xapón Reino Unido |
Xénero | Acción, Aventuras |
Orzamento | $6 000 000 |
Recadación | $17 054 213 |
Na rede | |
http://13assassins.jp/ | |
13 asasinos (十三人の刺客 Jūsannin no Shikaku?) é un filme británico-xaponés dirixido por Takashi Miike que se estreou no 2010.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O ascenso ó poder do xove e sanguinario Lord Naritsugu supón unha seria ameaza para a paz no Xapón feudal. Simplemente por ser o irmán do shogun, Lord Naritsugu está por riba da lei, e asasina e viola ó seu antollo. Aflixido polos masacres perpetrados polo sádico Naritsugu, o oficial Sir Doi ponse en contacto co samurai Shinzaemon Shimada para que o axude a acabar con Naritsugu. O nobre samurai, indignado pola crueldade de Naritsugu, acepta de bo grado a perigosa misión. Para iso, reúne a un selecto grupo de samurais, entre os que se atopa o seu sobriño Shinrokuro e o devoto aprendiz Hirayama. Xuntos, traman unha emboscada para atrapar a Lord Naritsugu non exenta de perigo. Naritsugu vai escoltado por unha comitiva encabezada polo letal e implacable Hanbei, un dos seus antigos rivais.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kōji Yakusho como Shimada Shinzaemon
- Hiroki Matsukata como Kuranaga Saheita
- Takayuki Yamada como Shimada Shinrokurō
- Kazuki Namioka como Ishizuka Rihei
- Tsuyoshi Ihara como Hirayama Kujūrō
- Ikki Sawamura como Mitsuhashi Gunjirō
- Seiji Rokkaku como Ōtake Mosuke
- Sōsuke Takaoka como Hioki Yasokichi
- Yūma Ishigaki como Higuchi Gennai
- Kōen Kondō como Horii Yahachi
- Arata Furuta como Sahara Heizō
- Masataka Kubota como Ogura Shōujirō
- Yūsuke Iseya como Kiga Koyata
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2010: Festival de Sitges: Mellor deseño de produción, Premio do público.
- 2010: Festival de Venecia: Nomeado ó León de Ouro (mellor filme).
- 2010: Academia de cinema xaponés: 4 premios técnicos. 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2010: Asian Film Awards: Mellor deseñador de produción. 5 nomeamentos, incluíndo mellor director.
- 2011: Satellite Awards: Nomeado a mellor filme de fala non inglesa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)