José Puente Brañas
Aparencia
(Redirección desde «J. Puente y Brañas»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Puente y Brañas 12 de xullo de 1824 A Coruña, España |
Morte | 10 de xullo de 1857 (32 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Irmáns | Ricardo Puente Brañas |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Puente y Brañas (José), p.359) |
José Puente Brañas, nado na Coruña o 12 de xullo de 1824 e finado na mesma cidade o 10 de xullo de 1857, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado, foi secretario da Deputación da Coruña e profesor de retórica e poética no Instituto da Coruña. Integrante do primeiro provincialismo, foi membro da Academia Literaria en Santiago de Compostela, colaborou en El Porvenir, Boletín Mercantil e Industrial de Galicia, El País e El Defensor de Galicia e dirixiu El Liceo e El Iris de Galicia.
Obras
[editar | editar a fonte]- El gabán blanco, comedia nun acto.
- Un amigo, comedia en dos actos.
- María Pita, drama romántico en verso.
- El juramento cumplido, drama nun acto.
- La minoría de Carlos II, drama en cinco actos.
- Preludios del arpa, 1847 (colección de lendas románticas).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Murguía, Manuel (30 de agosto de 1857). "Biografía de D. José Puente y Brañas". El Museo Universal 1 (16): 126–127. ISSN 1889-8440.
- Ossorio y Bernard, Manuel (1903). "Puente y Brañas (José)". Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BiografíaArquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.