Ricardo Puente Brañas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ricardo Puente y Brañas ![]() 18 de xaneiro de 1835 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 12 de setembro de 1880 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
![]() ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | José Puente Brañas ![]() |
![]() |
Ricardo Puente Brañas, nado na Coruña o 18 de xaneiro de 1835 e finado en Madrid o 12 de setembro de 1880, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/%C3%81lbum_de_la_Caridad.pdf/page1-220px-%C3%81lbum_de_la_Caridad.pdf.jpg)
Estudou Comercio na Coruña. Ao finalizar os estudos, ingresou no corpo de funcionarios do Estado. Traballou na oficina de Dereitos e Propiedades do Estado en Tarragona, foi xefe da Administración civil, gobernador civil de Alacant e León e xefe de prensa da Presidencia do Consello de Ministros. De ideais provincialistas dirixiu o periódico El Defensor de Galicia, o literario El Iris de Galicia e El Tarraconense en Tarragona. Participou no Álbum de la Caridad coa composición "O gaiteiro da Coruña, aos vencedores de África". En 1859 trasladouse a Madrid e iniciou unha carreira literaria dedicado á produción teatral.
Obras[editar | editar a fonte]
- Un juramento cumplido, 1847 (drama).
- De la mano a la boca, 1870 (comedia).
- Cuento de hadas, 1875 (zarzuela).