JUICE
JUICE | |
---|---|
visión artística da misión | |
Tipo | ciencia planetaria |
Fabricante | Airbus Defence and Space |
Organización | ESA UE |
Data de lanzamento | 14 de abril de 2023 |
Foguete portador | Ariane 5 |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou |
Obxectivo da misión | Xúpiter e a lúa Ganímedes |
Masa | 1900 kg |
Jupiter Icy Moons Explorer (Juice) é unha misión da ESA para a exploración do sistema xoviano, co que se atopará en outubro de 2029, despois de ter engalado a bordo dun Ariane 5 dende o Centro de lanzamento espacial de Kourou, na Güiana Francesa o 14 de abril de 2023[1] [2] [3] (despois de estar previsto no 2022).[4] Ten prevista a súa chegada ó sistema xoviano en 2031, rematando a súa vida cun impacto sobre Ganímedes no 2035.[1] Entre outros aspectos, explorará a habitabilidade dos satélites Ganímedes, Europa e Calisto, con océanos de auga líquida.[5]
A viaxe
[editar | editar a fonte]Na súa viaxe, impulsado por un Ariane 5 na súa última misión, recibirá impulso gravitacional da Terra (3 veces), Venus (1) e Marte (1), así como da Lúa. A orde na asistencia gravitacional será:
Terra-Lúa (agosto 2024)
Venus (agosto 2025)
Terra (setembro 2026, xaneiro 2029)
A asistencia gravitacional Lúa-Terra (LEGA, polas súa siglas en inglés) será a primeira vez que se usa: sobrevó da Lúa, e día e medio despois, sobre a Terra.[1]
Entrará en funcionamento observacional do sistema xoviano seis meses antes da súa chegada, e usará o tirón de Ganímedes para axustarse arredor de Xúpiter. As órbitas sobre Xúpiter serán ecuatoriais e tamén con inclinación abondo para poder estuar os polos do planeta. A misión orbitará por primeira vez sobre lúas doutros planetas. En Ganímedes orbitará primeiro a 5000 km de altura, e despois, a 500 km, en ambos casos en órbita circular.[1]
A máis das órbitas sobre o sistema de Xúpiter, orbitará 12 veces a Ganímedes, 2 a Europa e 21 a Calisto, facendo un total de 35 vós sobre as lúas.
Misión
[editar | editar a fonte]A máis de estudos máis xenéricos sobre todo o sistema de Xúpiter, JUICE procurará evidencias dun océano baixo xeo en Europa e Calisto, lúa que aproveitará para entrar en órbita polar sobre Xúpiter e estudar os seus polos.
En Ganímedes explorará a súa magnetosfera, única entre as lúas do sistema solar.[1]
Instrumentos
[editar | editar a fonte]Os dez instrumentos transportados son:[6]
3GM, (Gravity & Geophysics of Jupiter and Galilean Moons), é un conxunto de instrumentos de radio que comprenden o KaT (Ka transponder), USO (ultrastable oscillator) e o HAA (High Accuracy Accelerometer), para estudar o campo gravitacional de Ganímedes, a extensión dos océanos e a xeofísica nas lúas xeadas e a estrutura da atmosfera e inonosfera de Xúpiter e as súas lúas.
Gala, (GAnymede Laser Altimeter) para o estudo por láser da deformación mareal de Ganímedes e a topografía das lúas xovianas.
JANUS, un sistema de cámara óptica para o estudo de feitos e procesos a escala global, rexional ou local, nas lúas ou en Xúpiter (mapa de nubes) cunha resolución de 2,4 m para Ganímedes e duns 10 km para Xúpiter.
J-MAG é o magnetómetro de Juice, equipado con sensores para caracterizar o campo magnético xoviano e a súa interacción con Ganímedes, así como baixo da superficie dos océanos nas lúas xeadas.
MAJIS (Moons and Jupiter Imaging Spectrometer) observará as características espectrométricas das nubes e constituíntes atmosféricos de Xúpiter, e dos xeos e minerais supreficiais das lúas.
PEP (Particle Environment Package), conxunto de sensores para caracterizar o plasma no sistema xoviano.
RIME (Radar for Icy Moons Exploration), radar capaz de penetrar o xeo para estudar baixo a superficie das lúas xeadas ata uns nove km de profundidade.
RPWI, (Radio and Plasma Wave Investigation), caracterizará emisión de radio e medio de plasma no sistema xoviano.
SWI, (Sub-millimeter Wave Instrument) investigará a estrutura de temperaturas, composición e dinámica da atmosfera de Xúpiter, e das exosferas e superficies das lús.
UVS (UV imaging spectrograph) para o estudo da composición e dinámica das exosferas lunares, a aurora xupiterina e a composición e estrutura da alta atmosfera xoviana en ultravioleta.
A nave
[editar | editar a fonte]A recollida enerxética da nave consta de dez paneis solares de 2,5 m x 3,5 m, cinco a cada beira, que funcionan entre -110 °C e +230 °C,[5] o que fai unha extensión aproveitable de ás solares de 85 m2.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Juice’s journey and Jupiter system tour". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-30.
- ↑ "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06.
- ↑ <http://www.esa.int. ESA, ed. "Engala JUICE" (en inglés). Consultado o 14 de abril 2023.
- ↑ "Juice’s Jovian odyssey". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06.
- ↑ 5,0 5,1 "Juice solar panels ready to turn into wings". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-21.
- ↑ "Juice’s instruments". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-02-06.
- ↑ "Juice". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-04-05.
Véxase tamén