Saltar ao contido

Jacinta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Jacinta era unha lancha de relinga de mediados do século XIX, operativa na zona das Mariñas, e que pasou á historia polo seu naufraxio o 16 de setembro de 1865.

O accidente produciuse ás 5 da tarde do 16 de setembro de 1865. A Jacinta procedía da romaría de Santa Eufemia de Arteixo e dirixíase a Maniños. A esa hora, e por culpa do vento e da néboa[1] bateu contra un con chamado A Moa do Segaño, situado na Punta do Segaño, na boca da ría de Ferrol. No accidente faleceron 40 persoas, (24 veciños de Barallobre e Maniños, 17 mulleres e 7 nenos)[2]. Houbo 5 superviventes.