Jacinto Rey (escritor)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de febreiro de 1972 (52 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritor |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Jacinto Rey.
Jacinto Rey, nado en Vigo o 23 de febreiro de 1972, é un escritor galego en lingua castelá. Actualmente reside en Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Económicas entre España e Inglaterra, e traballou en varias empresas multinacionais en Alemaña e Suíza.
En 2007 publicou a súa primeira obra, El Cirujano de las Indias, unha novela histórica sobre a colonización española en América do Sur. En 2009 publicou a novela policíaca El último cliente, coa inspectora holandesa Cristina Molen como protagonista, que tivo a súa secula en 2011 coa obra El hombre de El Cairo. Amais, escribiu dous libros de relatos breves e un libro de poemas, El pájaro alunado.
Obra
[editar | editar a fonte]- 2007: El cirujano de Las Indias (Ediciones El Andén).
- 2009: El último cliente (Editorial Viceversa).
- 2011: El hombre de El Cairo (Editorial Viceversa).
- El pintor de La Habana y otros relatos (relatos breves, inédito).
- El pájaro alunado (poesía, inédito).